Cando comezamos a editar contidos nunha aula virtual imos engadindo contidos sen límite e sen decatarnos que é posible que un día teñamos que facer unha copia de seguridade e restaurala noutro curso doutra aula virtual. Sen embargo o tamaño máximo do ficheiro que podemos subir ao Moodle ven liminado polo propio Moodle e tamén pola configuración do ficheiro php.ini, concretamente na etiqueta max-file-uploads. Pero obviamente esta configuración non a pode cambiar un usuario normal, pois correspóndelle ao administrador do servidor.

Polo tanto o escenario co que nos podemos atopar é que contamos cun ficheiro .mbz no cal temos a copia de seguridade, pero dun tamaño superior ao permitido pola aula virtual para poder restauralo. Vexamos un procedemento para restauralo. Neste caso imos empregar o sistema operativo Microsoft Windows.

Paso nº1. Descargamos o Moodle Portable para Windows

Dirixímonos a Moodle.org. Pinchamos en Downloads

E seguidamente pinchamos en Latest release

E na seguinte ventana pinchamos en Moodle installer package for Windows

E escollemos unha versión o máis similar posible á empregada na aula virtual orixe

Paso nº2. Descomprimimos e executamos o Moodle Portable

E unha vez descomprimido, executamos o ficheiro Start Moodle.exe cun dobre clic

Permitios o acceso a mysqld.exe e Apache HTTP Server. Simplemente prememos en Permitir acceso

Paso nº3. Instalación do Moodle

Abrimos o navegador e escribimos na barra de direccións o seguinte enderezo: localhost, que é unha chamada ao propio servidor do propio equipo no que estás traballando

E comezamos a instalar a aula virtual no equipo. Primeiramente escollemos o idioma

Na seguinte pantalla o sistema amósanos as rutas nas que se vai instalar o moodle e o moodledata. Non temos que modificar nada. Tan só prememos en Seguinte.

E na seguinte o sistema avísanos o nome de usuario da base de datos e o usuario co que estamos entrando. Non é necesario cambiar nada, tan só premer en Seguinte

Aceptamos os termos e condicións pinchando en Continuar

O sistema amosa os paquetes instlados, e clic novamente en Continuar

E comeza a propia instalación. Dependendo da potencia do equipo pode tardar varios minutos.

E remata así, o que nos fai pensar que non funciona, pero non é certo. Se volvemos a escribir na barra de direccións localhost, e seguidamente en Continuar aparecerá unha fiestra cos plugins. Se baixamos ata o final da páxina atoparemos un botón coa lenda "Upgrade Moodle database now" no que premeremos

Comeza a instalar os plugins, proceso que se alarga uns minutos. Finalmente clic en Continue.

Introducimos o contrasinal do usuario admin (non debemos esquecelo, pois teremos que empregalo máis tarde).

 E tamén introducimos unha conta de correo electrónico

E clic en Actualizar o perfil. Inserimos un nome do sistio e nome curto, se o desexamos o fuso horario, e unha conta de correo, gardamos e listo, rematamos a instalación de Moodle

 

Paso nº4. Creación dunha instancia do Sistema de Ficheiros

Clic en Administración do sitio

Cli na pestana Engadidos

E clic en Xestionar os repositorios

Procuramos o Sistema de Ficheiros e activámolo

Marcaos os dos selectores de permisos e clic en Gardar

Seguidamente pinchamos en Axustes no apartado de Sistema de ficheiros, e creamos unha instancia

 

 

clic en Crear unha instancia do repositorio

 

Seguidamene abrimos o explorador de ficheiros e vermos que dentro da carpeta Server/moodledata, o propio moodle creou un cartafol co nome de repository. Nós debemos de crear aí outro cartafol co nome que nos pareza mellor. Por exemplo voulle chamar backup

Volvemos á ventana do navegador onde inserimos o nome da instancia. Podemos chamarlle como desexemos. Por exemplo servidor. clic en Gardar

 

 

E escollemos no selector o nome do cartafol que inserimos no paso anterior (neste exemplo chameille backup). Pinchamos novamente en Gardar

E con isto rematamos a creación da instancia do ficheiro de datos.

Paso nº5. Copiamos o ficheiro de copia de seguridade no cartafol do repositorio

 No meu caso, o cartafol que creei nos pasos anteriores está en:
C:\Users\martin\Desktop\MoodleWindowsInstaller-latest-38\server\moodledata\repository\backup

Como podemos observar o tamaño do ficheiro é de máis de dous gigabytes.

Paso nº6. Restaurar a copia do curso

Clic en Administración do sitio e seguidamente en Cursos

Engadir un novo curso

Introducimos Nome completo e nome curso

Clic en Gardar e presentar. Saímos da zona de participantes/matrícula e ios directamente ao curso creado. Escollemos Restaurar no engrenaxe da aula (parte superior dereita)

Clic en Escolla un ficheiro e seguindamente pinchamos no botón de ficheiros. Observamos que aparece a instancia do sistema de ficheiros que neste caso chamámoslle servidor,e ao premer nel aparece o ficheiro da copia de seguridade

Seleccionamos o ficheiro, e manendo as opcións por defecto prememos en Seleccionar este ficheiro

Clic en Restaurar

Clic en continuar (no fondo da páxina informativa)

 

E no apartado Restaurar este curso escollemos a opción de "Eliminar o contido do curso..."

Clic en continuar e seguindamente en Seguinte un par de veces ata que apareza "Executar a restauración"

É posible, en función da versión do servidor escollida que apareza un aviso de posibles problemas de compatibilidade. Clic en Continuar e teremos o curso creado con todos os contidos da copia.

 

Paso 7. Creamos as copias de seguridade cun tamaño máis pequeno.

Como o problema era que tiñamos unha copia moi grande que non podiamos restaurala no noso servidor, o que imos é facer copias maís pequenas, para que de maneira incremental e fusionándoas coas anteriores poidamos dispoñer de novo do curso completo. Para crear as copias máis pequenas dirixímonos a Copia de Seguranza

Deseleccionamos os usuarios matriculados, se non imos ter a custodia da copia e clic en Seguinte. Pinchamos en Ningún e seleccionamos por exemplo o Tema 1 e todos os seus contidos

 

 

Clic en Seguine e cambiamos o Nome de ficheiro por un máis sinxelo

Clic en Facer a copia de seguranza

E con isto obtemos un ficheiro de 40 Megabytes que descargaremos e iremos restaurando no servidor da aula virtual. O proceso sería crear un curso novo, e escoller restaurar neste curso e fusionar as copias sen eliminar todo o anterior.