
Aínda que o protocolo ssh e scp permítenos acceder co terminal a outros equipos informáticos dos que dispoñamos as credenciais e teñan activo este servizo. Sen embargo no día a día, posiblemente sexa ben cómodo poder acceder de maneira gráfica a outro equipo para imprimir, para configurar, empregar un software específico, etc. Tamén pode resultar moi útil cando estamos traballando con máquinas virtuais, xa que podemos acceder ás mesmas de maneira rápida e sinxela. E ademais é indiferente o sistema operativo que empreguemos nas diferentes máquinas, xa que da soporte para Linux, Apple, Android, IOS, Windows, tal e como o explican na páxina do proxecto: https://rustdesk.com/
Para isto o único que hai que facer é instalar o programa RustDesk nos diferentes equipos informáticos. E engadir a ID do equipo remoto (que a amosa o propio RustDesk na columna da esquerda) e o contrasinal que teñamos configurado:
1. Instalación en Debian
sudo apt install libxdo3 sudo apt install python3-pip
Seguidamente descargamos a última versión de RustDesk da páxina do github do proxecto, https://github.com/rustdesk/rustdesk/releases. No caso de Debian descargaremos o paquete .deb
cd /home/usuario/Descargas apt install -f ./rustdesk-1.1.9.deb
Sen embargo para que apareza a icona no menú de aplicativos/accesorios debemos engadir unha liña ao atallo de chamada ao programa. Para isto editamos este ficheiro:
su root mousepad /usr/share/applications/rustdesk.desktop
E engadimos a seguinte liña "/usr/share/applications/rustdesk.desktop" ao final do fichiero, quedando así:
[Desktop Entry] Encoding=UTF-8 Comment=A remote control software. Exec=rustdesk Icon=rustdesk Name=RustDesk Terminal=false Type=Application MimeType= Version=1.1.9 Categories=Utility;TextEditor;GTK;
E reiniciamos
2. Instalación en Arch Linux
cd /tmp git clone https://aur.archlinux.org/python-pynput.git sudo chown martin python-pynput/ cd python-pynput makepkg -sri git clone https://aur.archlinux.org/rustdesk-bin.git sudo chown martin rustdesk-bin/ cd rustdesk-bin makepkg -sri
Pero, aínda que é plenamente funcional a conexión, é posible que non queiras depender do servidor de RustDesk no que gardar as credenciais e xestionar as conexións. RustDesk tamén facilita o código para instalar o teu propio servidor RustDesk. Con isto protexerías os teus propios datos e no caso dunha rede local, as conexións entre equipos serían moito máis rápidas. Pero isto verémolo noutra entrada.