
NextCloud é unha un servizo avanzado de aloxamento. Permite o almacenamento de ficheiros e conta cun importante número de complementos para engadir ao servizo.
1. Descargamos a última versión de NextCloud e procedemos a descomprimilo
cd /srv/http wget https://download.nextcloud.com/server/releases/latest.zip unzip latest.zip
Quedándonos o cartafol do aplicativo en /srv/http/nextcloud
2. Creamos unha base de datos, por exemplo co nome de nextcloud. Para isto, podemos facelo coa axuda do phpMyAdmin
3. Creamos o ficheiro de virtual hosts, por exemplo co nome de nextcloud en /etc/nginx/sites-available
nano /etc/nginx/sites-available
Seguindo a documentación oficial, acadei que funcionara coa seguinte configuración: ficheiro_configuracion
sudo ln -s /etc/nginx/sites-available/nextcloud /etc/nginx/sites-enabled/
4. Configuramos o subdominio para acceder a este aplicativo. No meu caso emprego os servizos de Dinahosting
5. Recargamos a configuración no Nginx. Para isto primeiro comprobamos a sintaxis dos ficheiros de configuración:
nginx -t
Cargamos a configuración para a navegación segura https
certbot --nginx nginx -s reload
6. Procedemos a instalar a aplicación. Para iso accedemos á url http://box.atio.es. Tan só temos que introducir os datos do usuario administrador, contrasinal, nome da base de datos e usuario da mesma. Non presenta complicacións.
En función do uso que lle vaiamos dar, é posible que teñamos que activar algún módulo a maiores de php. Iso aparece especificado na documentación oficial na seguinte url:
https://docs.nextcloud.com/server/latest/admin_manual/installation/source_installation.html