Un truco interesante para o estudio de temas memorísticos é a súa gravación nun dispositivo de audio para posteriormente escoitalo de maneira repetitiva nas labores cotiás.

1. Procedemos a instalar a aplicación gTTS

Esta ferramenta emprega a mesma biblioteca co tradutor de Google. Antes de nada debemos instalar o paquete python3-pip

pacman -Sy python-pip

sudo pip3 install gTTS

sudo nano nano ~/.profile

E engadimos a seguinte liña ao ficheiro:

export PATH="$HOME/.local/bin:$PATH"

Gardamos (Ctrl+o) e saímos (Ctrl+x)
 

Se desexamos xa podemos empregalo coa axuda do terminal, gravando nun mp3 o texto dun ficheiro txt:

gtts-cli -f texto.txt --lang es --output audio.mp3

O resultado sería o seguinte:
 

 

2. Instalamos Gespeaker

No caso no que queiramos instalar un programa con interface gráfica, podemos probar con Gespeaker, ainda que non aporta demasiado, pois non permite de momento gravar. Vexamos como se pode facer:
Gespeaker non está nos repositorios. Pero si dispoñemos do programa nos paquetes AUR. Penso que o máis sinxelo é instalar Chaotic AUR previamente para manexar de forma máis cómoda os paquetes AUR, xa que grazas a esta ferramenta manexarémolos como se fose un paquete pacman

A. Instalación de Chaotic AUR

pacman-key --recv-key FBA220DFC880C036 --keyserver keyserver.ubuntu.com
pacman-key --lsign-key FBA220DFC880C036
pacman -U 'https://cdn-mirror.chaotic.cx/chaotic-aur/chaotic-keyring.pkg.tar.zst' 'https://cdn-mirror.chaotic.cx/chaotic-aur/chaotic-mirrorlist.pkg.tar.zst'

Editamos o ficheiro pacman.conf

nano /etc/pacman.conf

e engadimos ao final do mesmo a seguinte liña:

[chaotic-aur]
Include = /etc/pacman.d/chaotic-mirrorlist

E actualizamos os repositorios

sudo pacman -Sy

B. Instalamos as dependencias de gespeaker. Podemos consultalas na páxina do paquete Aur gespeaker:
https://aur.archlinux.org/packages/gespeaker

Algunhas terémolas no repositorio de Chaotic e outras terémolas que instalar de maneira manual.

i. espeak

git clone https://aur.archlinux.org/espeak.git

chown usuario:users espeak

cd espeak

makepkg -si

ii. python-gtts

pacman -Sy python-gtts

iii. python-psutil

pacman -Sy python-psutil

iv. python-xdg

pacman -Sy python-xdg

C. Cando rematemos coas dependencias, instalamos gespeaker. Tampouco está nos repositorios de Chaotic

git clone https://aur.archlinux.org/gespeaker.git

chown usuario:users gespeaker

cd gespeaker

makepkg -si

E con isto rematamos. No motor de vos escollemos Google TTS e no idioma o español.