
Javascript pode resultar un recurso interesante para empregalo nalgunha ocasión na área de matemáticas. Non se trata de ensinarlle a programar aos nenos, o obxectivo é o análise das matemáticas desde un punto de vista complementario, onde as funcións, as variables, matrices pasen a ser recursos significativos para o alumnado. Pero o certo é que a programación pódese empregar noutras materias, como a Física ou a Tecnoloxía. Os alumnos poden programar algoritmos que resolvan os problemas.
Para utilizalo na aula, tan só é necesario o navegador. Ao premer na tecla F12 abrimos as ferramentas de desenvolvemento do navegador e unha vez alí, pincharemos na icona da consola e comezaremos a escribir pequenos programas en función da materia que se trate. Tamén podemos empregar editores online como jsfiddle.net ou codepen.io, por exemplo (non esquecer pinchar en Console)
1. A Resta
var num1 = 2 var num2 =-4 console.log (resta(num1, num2)) function resta (a, b){ return (a-b) }
que empregando a punta de frecha, pode quedar do seguinte xeito:
var num1 = 2 var num2 =-4 console.log (resta(num1, num2)) var resta = (a, b) => (a-b)
2. A División
var dividendo = 2942 var divisor = 9 var resultado = dividir(dividendo,divisor) console.log("Cociente = " + resultado[0]) console.log("Resto = " + resultado[1]) function dividir(a, b){ var div =[] div[0] = Math.floor(a/b) div[1] = (a%b) return div; }