En moitas ocasións non nos resulta de interese que aparezan algunhas particións na conta dun usuario. Por exemplo, se temos configurado un arranque dual, pode que non nos interese que desde o noso Linux se poidan abrir as carpetas de windows. Tamén, en ocasións o usuario con privilexios de root quere dispoñer dunha partición para copias de seguridade, pero que non poida acceder un usuario.
su root cd /etc/udev/rules.d/
Creamos o ficheiro 10-local.rules, no caso de que non exista.
touch 10-local.rules
Editamos o ficheiro e engadimos a partición que queiramos ocultar. Neste exemplo vou ocultar a sdb2
nano 10-local.rules KERNEL=="sdb2", ENV{UDISKS_IGNORE}="1"
Reiniciamos. A partir deste momento un usuario sen dereitos de root non poderá nin ver nin acceder a dita partición.