
Pode resultar de interese dispoñer dunha copia de seguidade dunha partición ou dun cartafol. Coa axuda dos seguintes ficheiros, esta tarefa resultará doada:
Descargar backup.sh
Descargar rsync.awk
Tamén deberemos de instalar no sistema dúas utilidades, no caso de que non as teñamos xa instaladas:
rsync: apt-get install rsync
zenity: apt-get install zenity
O primeiro que debemos de facer é asignarlle permisos de execución a backup.sh. Seguidamente debemos de editar este ficheiro e debemos de personalizar dúas liñas:
#!/bin/bash
#Definimos nunha variable a unidade de destino dos datos
DESTINO=/run/media/usuario/DATOS/backupjessie64
#Definimos a variable START_TIME, que collerá a fecha.
START_TIME=$(/bin/date +%s)
NOME_CARPETA_BACKUP=$(/bin/date +%d-%m-%Y:%H:%M)
#creamos carpeta na cal montar a unidade sdd1, que é a unidade donde imos gardar a copia de seguridade de /home
install -d $DESTINO
#montamos a unidade sdd1 na carpeta /media/backup
mount /dev/sda1 $DESTINO
Finalmente executamos o script:
./backup.sh
