Distintas maneiras de instalar programas en Debian

Cando chegamos por primeira vez a Linux e empezamos a traballar con Debian ou derivados, como pode ser Ubuntu, unha das primeiras cousas que nos preguntamos é como instalar os programas, se os hai que descargar, se o da tenda de informática xa nos prepara un dvd cos maís coñecidos, etc. O primeiro que debemos saber é que chega con ter conexión a Internet.

1. Antes de nada debemos de ter actualizadas as fontes, é dicir, o teu computador debe saber de que servidores debe de descargar os datos. Esta configuración está no ficheiro sources.list, que podes editar:

sudo mousepad /etc/apt/sources.list

Pero por regra xeral, non é necesario configuralo,

2. Actualizamos as fontes

sudo apt update

Tamén podemos empregar o Xestor de paquetes Synaptic. Tan só debemos de pinchar en Recargar

3. Unha vez actualizados, procedemos coa instalación. Vexamos varias maneiras

a. Co terminal

Por exemplo procedemos a instalar un software para a captura de pantalla

O primeiro é cambiar de usuario dentro do terminal. Teremos que adoptar o usuario root, que é un superusuario con todos os dereitos

su root (Engadimos o contrasinal. Parece que non escribe nada, pero si o está facendo. Prememos a tecla enter)

E vexamos como queda:

Agora xa somos o usuario root, e podemos instalar os programas desexados:

apt install spectacle

Se na orde de instalación engadimos un -y, non teremos falta de confirmar a instalación

apt install spectacle -y

Ás veces, despois de instalar, non actualiza de forma automática o menú, porén non atopamos o software. pero se reiniciamos o equipo xa aparece.

b. Co terminal, pero empregando un script

Un script é un conxunto de ordes dadas co terminal, e agrupadas nun ficheiro para que  non sexa necesario escribilas todas cada vez que se executa. Para a súa edición, é necesario saber programar en Bash-Script, sen embargo para empregalos tan só hai que saber un par de detalles. Vexamos como sería un script para actualizar o Mozilla Firefox á última versión:

#!/bin/bash
USER_NAME=`cat /etc/passwd | grep 1000 | cut -d: -f1`
HOME_USER_NAME=/home/$USER_NAME

if [ `id -u` -ne 0 ]; then                        
    echo "Debes de contar con privilexios sudo ou root" >&2
    exit 1
fi
apt remove --purge firefox-esr firefox -y
apt autoremove
sudo rm -r ~/.mozilla
wget "https://download.mozilla.org/?product=firefox-latest&os=linux64&lang=gl" -O latest-firefox.tar.bz2
rm -r /opt/firefox
tar -jxvf latest-firefox.tar.bz2 -C /opt
echo 'Firefox instalado'
ln -s /opt/firefox/firefox /usr/bin/firefox
touch test.desktop
echo -e "[Desktop Entry]\nName=Firefox\nComment=Navegador web\nGenericName=Web Browser\nX-GNOME-FullName=Firefox ''Su versión'' Web Browser\nExec=/opt/firefox/firefox %u\nTerminal=false\nX-MultipleArgs=false\nType=Application\nIcon=/opt/firefox/browser/chrome/icons/default/default128.png\nCategories=Network;WebBrowser;\nMimeType=text/html;text/xml;application/xhtml+xml;application/xml;application/vnd.mozilla.xul+xml;application/rss+xml;application/rdf+xml;image/gif;image/jpeg;image/png;x-scheme-handler/http;x-scheme-handler/https;\nStartupWMClass=Firefox\nStartupNotify=true\nPath=" > test.desktop
mv test.desktop /usr/share/applications/firefox.desktop
ln -s /usr/share/applications/firefox.desktop $HOME_USER_NAME/Escritorio/firefox.desktop
chmod +x $HOME_USER_NAME/Escritorio/firefox.desktop
rm latest-firefox.tar.bz2

Pero tan só debemos descargalo dun servidor e executalo. Por exemplo descargámos a versión de 64 bits ou a versión de 32 bits

Unha vez descargado o script, dirixímonos ao cartafol de Descargas (se é que o descargamos aí)

cd /home/usuario/Descargas

Seguidamente dámoslle permisos de execución ao ficheiro (chmod +x), pero antes debemos de cambiarnos ao usuario root

su root

chmod +x install_firefox.sh

E finalmente executámolo

./install_firefox.sh

E comezará o proceso de instalación da aplicación

c. Co Synaptic

Por exemplo, vexamos como se instala o programa de matemáticas wsmaxima. Tan só temos que abrir o Xestor de paquetes Synaptic e procurar o programa.

Unha vez que apareza no listado, premer co botón dereito do rato sobre o mesmo e escoller a opción instalar.

O propio Synaptic avísanos da necesidade de instalar outros programas ou dependencias. Clic en Marcar

E finalmente debemos de facer un clic no botón Aplicar

d. Descargar paquetes deb e instalalos tanto co terminal como co gDebi

O primeiro que debemos facer é buscar na rede o paquete. Por exemplo, procedamos a instalar un IDE para programar en html, css, etc chamado Visual Studio Code. Abrimos a súa páxina web e descargamos o paquete .deb

https://code.visualstudio.com/

d.1. Instalación do paquete con gDebi

Abrimos co explorador de ficheiros a carpeta de descargas. Sobre o ficheiro descargado, clic co botón dereito do rato e escollemos a primeira opción: "Abrir con Instalador de paquetes GDebi"

d.2. Instalación do paquete co terminal

Dirixímos ao cartafol de Descargas e executamos a orde dpkg -i nomedofichiero

dpkg -i code_1.57.1-1623937013_amd64.deb

4. Coas formas anteriores de instalación, hai veces que aparecen problemas de dependencias, é dicir, que o programa necesita unhas librerías do sistema operativo que non están presentes. Para evitar isto, a comunidade linux comezou a crear uns novos tipos de paquetes coas dependencias incrustadas. Isto simplifica a instalación, a cambio de que ocupen máis espazo e polo tanto tarden máis en descargarse

a. Paquetes Flatpak

O primeiro que debemos de facer para instalar paquetes Flatpak é instalar no propio sistema o programa flatpak. Tan só o teremos que instalar unha vez e valerá para sempre

su root

apt install flatpak

Para descargalos paquetes, recomendo facelo desde esta páxina:

https://flathub.org/

Eliximos o paquete a descargar, por exemplo o Pinta

e pinchamos no botón install

E descargamos o paquete

Co terminal, procedemos a instalar o paquete coa instrución:

flatpak install com.github.PintaProject.Pinta.flatpakref

Respondemos cun Y tres veces e comeza a descargar a instalar o software

No caso que queiramos desinstalar un programa previamente instalado co Flatpak, debemos de empregar a seguinte instrución flatpak uninstall nomedoprograma. Neste caso que nos ocupa introducimos a seguinte instrución:

flatpak uninstall Pinta

É posible que non coñezamos o nome da aplicación. Unha boa idea é listar as aplicacións instaladas:

flatpak list

Ou no caso de querer actualizar as aplicacións instaladas con flatpak

flatpak update

b. Paquetes Snap

Ao igual que nos paquetes Flatpak, teremos instalar un programa chamdo snapd, e unha vez instalado este procedemos a instalar a ferramenta core

apt install snapd
snap install core

Ao igual que no caso dos paquetes Flatpak, tamén existe unha páxina moi interesante para descargar os paquetes e proceder á súa instalación:

https://snapcraft.io/

Procuramos, por exemplo, spotify

E escollemos a distribución na que estamos instando, neste caso Debian, e observamos a instrución para proceder coa súa instalación

E neste caso é:

su root (introducimos o contrasinal)

snap install spotify

Pode ocorrer, como neste caso, que unha aplicación non cree un atallo no menú e polo tanto non saibamos arrancar o programa despois de instalalo. Debemos de ter en conta que a instalación dos programas snap faise no cartafol /snap/bin. Porén, se queremos abrir este programa desde o terminal escribiriamos:

/snap/bin/spotify

E no caso de querer engadir unha entrada no menú xfce podemos facelo empregando o software menulibre. Para instalar este último podemos facelo con:

apt install menulibre