
Katoolin é un sinxelo script para engadir ferramentas forenses da distribución Kali Linux a Ubuntu ou a Debian. Funciona correctamente coa maqueta, ata onde probei, pois kali Linux está basada en Debian.

Un dos programas máis didácticos é o Wireshark, co que fas unha análise detallada dos paquetes da rede, podendo atopar os contrasinais dos servizos http (serve para que tomemos conciencia do vendidos que estamos na rede ao non empregar protocolos seguros). Trae moitos máis programas.
instalamos git
apt-get install git
clonamos o proxecto:
git clone https://github.com/LionSec/katoolin.git
entramos na carpeta
cd katoolin
dámoslle permisos de execución
chmod +x katoolin.py
E executamos
./katoolin.py
Engadimos repositorios de kali linux e actualizamos (Add Kali repositories & Update). Para sair ao menú anterior escribimos "back"
E miramos as categorías, e procedemos a instalar o que resulte de interese.