Editar PDF con Inkscape

En moitas ocasións queremos editar un pdf. Fichas descargadas de Internet que desexamos personalizar ou ben debuxar directamente enriba coa pantalla táctil sen necesidade de imprimilas. Coas distribucións gnu Linux dispoñemos de varios programas, con o Xournal, Gimp ou LibreOffice Draw. Pero hoxe centrarémonos no Inkscape, un programa de deseño vectorial.

1. Descargamos un ficheiro pdf. Por exemplo o seguinte, da páxina https://materialeducativoparadocente.blogspot.com

https://drive.google.com/file/d/1EHl6o3CjgQbBpFOMgMgPrhKSebhuN97R/view

2. Importamos o ficheiro pdf

3. Escollemos a páxina

4. Desagrupamos a imaxe. Facémolo un par de veces.

5. Para borrar seleccionamos un texto o unha imaxe e eliminámola, pulsando na tecla suprimir.

6. Para cambiar o texto. Clic na opción Texto do menú e Texto e tipo de letra

No cadro que aparece á dereita escollemos a pestana Texto, e aparece o texto, que podemos personalizar ao noso gusto

Tamén temos opción de engadir textos, ou trazos a man alzada.