En ocasións empregamos o Debian con escritorio XFCE nunha pantalla cunha alta resolución. Por unha banda gañamos en canto a resolución, sen embargo o tamaño das iconas diminúe de forma considerabel, e a navegación polo sistema operativo faise incómoda. Sen embargo é posibel incrementar o tamaño das fontes e das iconas:
1. Menú de aplicativos > executar programa
xfce4-settings-manager
No apartado de aparencia escollemos un tamaño personalizado de 125
Incrementar o tamaño da fonte a 125 (Opción PPP personalizada). Activamos suavizado, escollendo en Hinting (completo) e en Sub-pixel order (RGB)

No apartado de Escritorio seleccionamos o Tamaño de icona de 80


2. Menú de aplicativos > executar programa
xfce4-settings-editor

Incrementamos o tamaño do cursor (a frechiña do rato)
