flatpak

No caso de que xa teñamos LibreOffice instalado e queiramos actualizalo, debemos de eliminar a versión anterior.

1. Abrimos o terminal e escalamos os permisos a root

usuario@debian:~$ su root

(escribimos o contrasinal)

usuario@debian:~$ apt remove --purge libreoffice*

Se despois de desintalar o libreoffice seguen aparecendo iconas do programa no Menú de aplicativos > Oficina, podemos eliminalos desde o cartafol /home/usuario/.local/share/applications/, borrando todos aqueles que comecen por libreoffice

2. Instalamos o libreoffice coa axuda do instalador de paquetes flatpak

Se non o tivesemos instalado na nosa distribución, podemos facelo co Synaptic ou ben co terminal

synaptic

root@debian:/home/usuario# apt update

root@debian:/home/usuario# apt install flatpak

Unha vez que temos o paquete flatpak instalado, procedemos a instalar o LibreOffice:

flatpak install flathub org.libreoffice.LibreOffice

Sen embargo ultimamente devolve un erro. Polo que alternativamente debemos de descarga o paquete flatpak da páxina https://flathub.org/

install.png

Seguidamente, abrimos o terminal, escalamos a root e dirixímonos ao cartafol de descargas e procedemos coa instalación do software empregando a seguinte instrución:

flatpak install org.libreoffice.LibreOffice.flatpakref

 

 

Para instalar as fontes propias de Microsoft Windows (Arial, Times New Roman, etc), deberemos de instalar o paquete ttf-mscorefonts-installer

sudo apt-get install ttf-mscorefonts-installer

Se queremos engadir fontes diferentes, o primeiro que debemos de facer é buscalas. Aquí dispoñemos de varias páxinas nas cales podemos atopar moitos tipos de tipografías:

http://openfontlibrary.org/

http://www.theleagueofmoveabletype.com/

http://ospublish.constantvzw.org/foundry/

https://fonts.google.com/

 

Por exemplo as fontes de Google:

https://fonts.google.com/

 

Podemos filtralas por gustos. Imaxinamos que procuramos unha fonte de escritura a man:

categorías

Seguidamente pinchamos en + no modelo de letra que nos guste:

seleccionar

E aparece una nova fiestra. Nesta temos varias opcións, xa que este modelo de letra tamén o podemos engadir a unha páxina web. Sen embargo pinchamos no logo de descarga:

download

Agora debemos de descomprimir o ficheiro de descarga:

En función de que sexa o destinatario da fonte, é dicir, se afecta a todos os usuarios do sistema ou ben só afecta a un usuario en concreto, copiaremos os ficheiros das fontes en cartafoles diferentes:

a. Un usuario en concreto. Non precisamos dereitos de administración (nin sudo nin root)

Copiamos a mesma en . local/share/fonts

b. Se desexamos que a fonte estea dispoñible para todos os usuarios do sistema, precisamos dereitos de administración

Copiamos os ficheiro de fontes en /usr/share/fonts

 

Paso a describir como instalar as fontes e que sexan accesibles para todos os usuarios do sistema. No caso de instalala para un usuario en concreto, tan só temos que facer un copia-pega a .local/share/fonts, dentro do home do usuario. Se o usuario se chama usuario, copiaríase na seguinte ruta /home/usuario/.local/share/fonts. Se non visualizas o cartafol .local preme a combinación de teclas Ctrl+h. Se non dispoós do cartafol fonts, créalo.

Debemos de copiar o cartafol resultante (neste exemplo Architects_Daughter) no cartafol /usr/share/fonts. Sen embargo un usuario non ten dereitos de escritura nesa ruta, polo que debemos de abrir o explorador de ficheiros co perfil de usuario root. Para isto seguimos os seguintes pasos:

1. Copiamos o cartafol que acabamos de descomprimir:

copiar

2. Abrimos o terminal

abrir o terminal

3. Logueámonos como root

usuario@debian:~$ su root

E escribimos o contrasinal. Debemos de ter en conta que non aparece nada na pantalla ao escribir, sen embargo está collendo de todos os xeitos os caracteres do contrasinal.

4. Abrimos o thunar, pero con permisos de root

root@debian:/home/usuario# thunar

Agora poderemos abrir, copiar ou borrar calquera ficheiros ou cartafol do sistema, coas consecuencias que isto conleva.

thunar root

Se o desexamos tamén podemos empregar o nautilus:

root@debian:/home/usuario# nautilus

5. Como a extensión da fonte é .ttf gardarémolo no cartafol truetype. Se fose .otf gardaríamos a fonte en opentype e se tivese extensión woff (a recomenda a W3C) gardaríamola no cartafol woff.

Diriximonos á ruta /usr/share/fonts/truetype/ (escollemos o cartafol truetype xa que o ficheiro que descargamos ten extensión .ttf) e pegar o cartafol que copiamos anteriormente:

fonts

6. Demos de rexenerar a caché das fontes para que apareza dispoñible. Podemos rexenerala co terminal, empregando a instrución seguinte, ou ben simplemente reiniciando o equipo:

fc-cache -f -v

Abrimos o libreoffice writer, por exemplo,  e comprobamos que xa podemos seleccionar a fonte que acabamos de instalar.

seleccionar fontes

 

E este sería o resultado:

resultado

 

Instalando Gimp

O primeiro que podemos facer é desinstalar a versión antiga do Gimp

su root apt remove --purge gimp gimp-data

Seguidamente instalamos o flatpak. Este software serve para instalar programas sen preocuparnos polas dependencias con outro software do sistema operativo.

apt update apt install flatpak

Unha vez instalado o flatpak, procedemos coa instalación do Gimp 2.10, empregando a instrución que nos indican en gimp.org

flatpak install https://flathub.org/repo/appstream/org.gimp.GIMP.flatpakref

Teremos que responder con "y" en dúas ocasións.

Finalmente debemos reiniciar o equipo para que apareza actualizado o menú. Aparecerá no apartado de gráficos.

Ás veces pregúntanme se hai algunha aplicación para que os nenos aprendan e melloren a redacción. Sempre lles digo que a mellor aplicación é o procesador de textos, moita práctica, paciencia e por suposto ler moito, moito. O proceso de redacción é unha actividade moi complexa a nivel intelectual. Precisa moito entrenamento e tamén certos recursos para ordenar as ideas, como  poden ser os mapas mentais. Debemos de coidar moito os aspectos de adecuación, coherencia, coidar a cohesión do texto e respectar as normas de ortográficas e de puntuación.

Cando comezamos a teclear, con máis frecuencia da desexada, asáltannos as dúbidas: ortografía, gramática, vulgarimos, etc. Penso que nos pasa a todos, moitas veces porque nos esquecemos, outras porque sempre tivemos esa dubida, etc. Entendo que é importante coñecer algunha páxina de nos axude a clarificalas, na medida do posible. Tamén debemos lembrar que o procesador de textos LibreOffice Writer conta cun corrector ortográfico e gramatical ademais dun dicionario de sinónimos.

 

diccionario.png

El proceso de producción de textos

Lingua española:

RAE  http://www.rae.es/

FUNDEU  https://www.fundeu.es/

DICCIONARIO PANHISPÁNICO DE DÚBIDAS   http://www.rae.es/recursos/diccionarios/dpd

DICCIONARIO INVERSO https://dirae.es/

Lingua Galega:

OPENTRAD: http://www.opentrad.com/gl/inicio?. Tamén pode valernos http://traducindote.com

GAIO TRADUTOR: http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index

CORRECTOR ORTOGAL: http://sli.uvigo.es/corrector/

DICIONARIO RAG: https://academia.gal/dicionario

PORTAL DAS PALABRAS: https://portaldaspalabras.gal/ (tamén ten un buscador de sinónimos)

DIGALEGO: https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php

 

 

drupal_8

 

Procedo a explicar o procedemento para engadir CSS en Drupal 8 co tema bootstrap, pero entendo que se fai de maneira análoga con calquera outro tema:

Accedemos á carpeta do tema, neste caso bootstrap

cd /var/www/html/drupal/web/themes/bootstrap

Editamos o seguinte fichiero:

nano bootstrap.info.yml

Na sección libraries, engadimos o nome da nosa librería personalizada, que no paso seguinte editaremos (bootstrap.libraries.yml). No meu caso engado a librería bootstrap/martin

libraries:
  - 'bootstrap/theme'
  -  bootstrap/martin

Editamos seguidamente o ficheiro das librerías:

nano bootstrap.libraries.yml

E creamos unha sección ao final do ficheiro. No meu caso chameille martin

martin:
  version: VERSION
  css:
    base:
       css/base/atio.css: {}


E por último teño que crear o ficheiro atio.css en ruta /drupal/themes/bootstrap/css/base/atio.css. E neste css engado as regras CSS desexadas.

Pero, falta un paso importante. Deberemos de ir a Configuración. Neste apartado, e concretamente en Rendemento debemo de valeirar a caché, para que se cargue o novo ficheiro CSS

CSS NUN DRUPAL MULTISITE

No caso dun Drupal multisite, antes de nada deberemos de facer unha copia do tema no site correspondente

cd /var/www/html/drupal/web/themes/

cp -rp bootstrap /var/www/html/drupal/sites/blog/themes

E tal e como expliquei desde o principio, seguir os mesmos pasos, pero iso si, coa nova ruta específica para o site correspondente, neste caso blog (/var/www/html/drupal/sites/blog/themes)

CSS EXTERNO

Se desexamos ter un ficheiro CSS externo, que nos poida servir para varios sitios con Drupal, cambiamos na librería bootstrap.libraries.yml

martin:
  version: VERSION
  css:
    base:
      https://atio.es/pub/blog_atio.css: { type: external, minified: true}

 

 

Non é novidade de que os mapas mentais constitúen unha valiosa ferramenta para memorizar moita información. Para min a razón é sinxela. A nosa menta desenvólvese mellor con imaxes que con información desenlazada. Nós a unha imaxe podemos darlle moita información e polo tanto o a facilidade para integrala é maior. Forma parte dos recursos do inconsciente, tan grande como a biblioteca de Alexandría.

Logotipo FreeMind

Deixo un sinxelo manual dun programa chamado FreeMind. Para instalalo executamos a seguinte instrución desde o terminal, ou ben procuramos o seu nome desde o synaptic:

#apt install freemind

Tutorial:

https://blog.atio.es/sites/blog/files/freemind/FreeMind.pdf

Exemplo:

http://atio.es/freemind/freemind.zip

 

1. OS FICHEIROS

http://atio.es/eva/sesion2/ficheiro.pdf

a. Engadir pdf: restas por descomposición

2. ENGADIR RECURSOS A UNHA PÁXINA

a. Engadir un vídeo de youtube

https://www.youtube.com/watch?v=2vHtDF0D7PM

b. Descargar e descomprimir o seguinte mapa mental. Abrir con FreeMind. Exportal como imaxe png. Engadir a imaxe nunha páxina

   http://atio.es/freemind/freemind.zip

c. Google Maps

3. OS PAQUETES SCORM

http://atio.es/eva/sesion3/scorm.pdf

a. Educarex: https://constructor.educarex.es/inicio.html

b. Procomún: http://procomun.educalab.es/es

4. COPIA DE SEGURIDADE E RESTAURACIÓN DA AULA

http://atio.es/eva/sesion5/copia_seguridade.pdf

5. CONFIGURACIÓN DA AVALIACIÓN.

  http://atio.es/eva/ficheiros/ficheiros/cualificacion.pdf

   Práctica.

   a. Creación das categorías de avaliación  (ponteración 60%)

   b. Creación das subcategorías: exames, probas de avaliación continua (ponderación 40%)

   c. Caderno (ponderación 10%)

   d. Engadir notas desde informe de avaliación

   e. Visualización das notas polo alumno.

6. VISUALIZACIÓN DO INFORME E INTERPRETACIÓN DA AVALIACIÓN DUNHA UNIDADE DE NETEX 

   http://atio.es/eva/ficheiros/ficheiros/avaliacion_netex.pdf

 

Galiza, unha das poucas comunidades na que os seus docentes ensinan en GNU/Linux. Un orgullo contar cunha comunidade de docentes que miran ao futuro, a aquilo polo que apostan as universidades, os grandes centros de investigación, as grandes tecnolóxicas, os programadores. Será a tecnoloxía dos nodos de Internet das cousas, que hoxe tan só podemos albiscar a través dunha fenda. Foi un reto, unha aposta decidida dos ensinantes en prol da liberdade e a modernización tecnolóxica. Chegou deste xeito o concepto de software libre ás aula, que vai moito máis aló das características dunha licenza, configurando unha forma de ser, a de dar sen pedir nada a cambio, a de compartir, a do respecto pola propiedade intelectual, a da defensa das linguas minoritarias. Tantas cousas!

logotipo Tux