No caso de non contar co módulo PDF de Drupal, teremos que botar man de código. A cuestión é que sexa visible no navegador do computador e tamén no smartphone, o que non resulta tan sinxelo. Ademais queremos que o pdf se vexa ocupando o máximo do espazo dispoñible sen ocultar os menús laterais. Vexamos unha maneira de facelo:

1. Creamos una nova páxina (Crear contido -> páxina)

2. Xuntamos un ficheiro

Neste exemplo empregaremos o seguinte pdf

Clic en Navegar, buscámolo ficheiro no cartafol no cal teñamos o documento descargado e clic en Adxuntar.

3. Ao xuntar o ficheiro, estamos subindo o documento a un cartafol público, ao que podemos acceder a través do enderezo que nos facilita o Drupal:

Se o copiamos e pegamos na barra de direccións do navegador xa o poderemos visualizar. Pero non imos facer isto.

4. Desactivamos texto enriquecido

5. E nel teremos que engadir un código html. Modifiquemos o seguinte código para adaptalo á ruta da túa web. Podemos empregar o Mousepad, Gedit ou un software específico de programación como o Geany ou o VSCodium, por exemplo. Obviamente tamén o podemos modificar directamente no propio Drupal, pero quizais se faga un pouco incómodo. Debemos de cambiar só as fontes, é dicir a ruta na que se atopa o ficheiro:

  <style>
        .folletomobil{
            position:relative;
            overflow:hidden;
            padding-bottom:70%;
        }
        .folletomobil iframe{
            width:100%;
            height:100%;
            position:absolute;
            top:0;
            left:0;
        }
    </style>
    <script src="https://cdn.jsdelivr.net/jquery/latest/jquery.min.js"></script>
   </head>
<body>
<div id="folleto" class="folletomobil"></div>
<script>
function detector(){
    if( navigator.userAgent.match(/Android/i)
 || navigator.userAgent.match(/webOS/i)
 || navigator.userAgent.match(/iPhone/i)
 || navigator.userAgent.match(/iPad/i)
 || navigator.userAgent.match(/iPod/i)
 || navigator.userAgent.match(/BlackBerry/i)
 ){
    document.getElementById('folleto').innerHTML += '<iframe src="https://docs.google.com/viewer?url=http://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/system/files/Asperger_final.pdf&embedded=true"  frameborder="0"></iframe>';
    }
else{
    document.getElementById('folleto').innerHTML += '<iframe src="http://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/system/files/Asperger_final.pdf" frameborder="0"></iframe>';
}
}
$(document).ready(function() {
    detector();
});
</script>
</body>

 

O que debemos de modificar son estas liñas, deixando o demais exactamente igual:

{
    document.getElementById('folleto').innerHTML += '<iframe src="https://docs.google.com/viewer?url=http://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/system/files/Asperger_final.pdf&embedded=true"  frameborder="0"></iframe>';
    }
else{
    document.getElementById('folleto').innerHTML += '<iframe src="http://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/system/files/Asperger_final.pdf" frameborder="0"></iframe>';
}
}

 

E finalmente clic en Gardar, sen clicar en ningunha outra cousa.

6. No computador vese así:

7. E no smartphone deste xeito:

 

 

 

Cando exportamos un traballo en LibreOffice a PDF, podemos agregar a este ficheiro o documento fonte ODF, é dicir o propio documento, por se o queremos modificar. Vexamos como se fai:

1. Editamos un documento. Por exemplo o seguinte:

As fontes que empreguei neste exemplo foron:

a. Encabezado: Massallera 26

b. Corpo do texto: Ubuntu

 

2. Moi probablemente se este documento o queremos abrir noutro equipo, non dispoñamos destas fontes tipográficas. O primeiro que vamos a facer é incrustar as fontes no propio documento. Para  isto dirixímonos a Ficheiro -> Propiedades... E na pestana Tipo de letra, prememos en "Incorporar os tipos de letra no documento" e "Incorporar só tipos de letra que se empreguen en documentos" . Se marcamos só a segunda opción, ao abrir o documento co Writer nun equipo que non dispoña das fontes, o programa informaranos das fontes empregadas, pero non se visualizará de forma fidedigna. Obviamente, o ficheiro resultante terá un tamaño maior. Por este motivo, só usaremos esta opción no caso de que empreguemos fontes pouco habituais.

3. Seguidamente exportamos o documento a PDF premendo en Ficheiros -> Exportar como -> Exportar como PDF...

Na pestana Xeral, clic en PDF híbrido (incorporar ficheiros ODF)

4. Ao facer cli en exportar, gardamos o documento na ruta desexada

5. Se facemos un dobre clic, o documento abrirase co visualizador de documentos  pdf que teñamos instalado no equipo

Sen embargo, se prememos co botón dereito do rato enriba do documento e escollemos abrir con Writer, ou ben abrindo directamente o ficheiro pdf desde Writer

O documento abrirase correctamente, podendo volvelo a modificar ao noso gusto. Iso si, se o gardamos directamente o procesador de textos  non o fará en pdf, senón en odt. Se queremos que o faga en pdf, teremos que exportalo de novo.

6. Finalmente, se abrimos o pdf exportado nun equipo aínda que non dispoña das fontes empregadas neste documento, a visualización será correcta. Podes comprobalo descargando o pdf no teu equipo.

No caso en que só escolleras a opción "Incorporar só tipos de letra que se empreguen en documentos", a visualización non será exacta en Writer (aínda que si en PDF). Podes comprobalos novamente descargando o pdf no teu equipo.

7. Isto resulta moi útil, pois cando enviamos un ficheiro pdf, tamén estamos facilitando o ficheiro fonte para que se poda modificar e mellorar. Tamén, pode servir de utilidade cando un docente pode corrixir os traballos presentados en pdf polos alumnos.

 

libreoffice

 

Debedes de descargar o script válido para a arquitectura do voso sistema operativo, darlle permisos de execución (chmod +x libre64.sh) e executalo (./libre64.sh).

Para Debian - Ubuntu 32

descargar

#!/bin/bash

if [ `id -u` -ne 0 ]; then                       
    echo "Debes de ter dereitos de root" >&2            
    exit 1
fi
apt-get remove libreoffice* -y
apt-get purge libreoffice* -y
cd /tmp/
mkdir libreoffice
cd libreoffice
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86_deb.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86_deb_langpack_gl.tar.gz

wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86_deb_helppack_gl.tar.gz
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*_Linux_x86_deb.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*langpack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*helppack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*helppack_gl/DEBS/
dpkg -i *.deb
rm -R /tmp/libreoffice

Para Debian - Ubuntu 64

descargar

#!/bin/bash

if [ `id -u` -ne 0 ]; then                       
    echo "Debes de ter dereitos de root" >&2            
    exit 1
fi
apt-get remove libreoffice* -y
apt-get purge libreoffice* -y
cd /tmp/
mkdir libreoffice
cd libreoffice
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86_64/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86-64_deb.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86_64/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86-64_deb_langpack_gl.tar.gz
wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/6.3.4/deb/x86_64/LibreOffice_6.3.4_Linux_x86-64_deb_helppack_gl.tar.gz
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*_Linux_x86-64_deb.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*langpack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*/DEBS/
dpkg -i *.deb
tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*helppack_gl.tar.gz
cd LibreOffice*helppack_gl/DEBS/
dpkg -i *.deb
rm -R /tmp/libreoffice

O primeiro que debemos de ter claro é que SNAP só funciona en arquitecturas 64 bits. Nas de 32 bits simplemente aparece de maneira continua o erro de que o paquete procurado non se atopa. No sistema operativo Debian aparecen erros á hora de instalar o libreoffice, independentemente da arquitectura que posúa.Sen embargo, en Ubuntu 64 bits funciona correctamente.

1. Debemos de instalar a utilidade Snap no sistema no caso de que non a teñamos instalada. Podemos facelos desde synaptic ou desde o teminal

sudo apt update

sudo apt install snapd

2. Accedemos á páxina de snapcraft e buscamos a aplicación LibreOffice, co buscador

https://snapcraft.io/store

Escollemos a última versión estable, e clic en Install

E ábrese unha xanela que nos facilita a instrución a engadir no terminal:

3. Desde o terminal, e con permisos de administración do equipo:

sudo snap install libreoffice

O proceso é automático, sen intervir o usuario

 

Para eliminar un programa instalado deberemos empregar a seguinte instrución:

snap remove libreoffice

E finalmente para actualizar un programa instalado co empaquetado snap:

snap refresh libreoffice

 

Debemos de ter permisos de administración no equipo, polo que debemos de coñecer o contrasinal de root, ou ben que o usuario que empreguemos teña permisos sudo

En Ubuntu: sudo su

En Debian: su root

Independentemente do estado no que se atope o equipo, non aparecerán problemas de dependencias, xa que os paquetes flatpak incorporan todos os paquetes necesarios para o correcto funcionamento do programa a instalar.

1. Con Flatpak

Para instalar un programa con Flatpak, deberemos de ter instalada esta utilidade no sistema. Para iso podémolo facer coa seguinte instrución:

sudo apt update

sudo apt install flatpak

 

2. Seguidamente dirixímonos á páxina flathub de escollemos Libreoffice

https://flathub.org/home

3. Clic en INSTALL e descargamos o paquete flatpakref

4. Abrimos o terminal no mesmo cartafol no que descargamos o paquete.

5. Executamos a seguinte instrución

sudo flatpak install org.libreoffice.LibreOffice.flatpakref

Cando nos pregunte o seguinte, respondemos con y (yes)

Configure this as new remote 'flathub' [y/n]:y

E volve a preguntar,  respondemos con y novamente:

Found in remote flathub, do you want to install it? [y/n]:y

O proceso é automático ata rematar.

 

6. Reiniciamos o ordenador para que apareza no menú do sistema operativo o programa instalado, se xa non aparece de maneira automática.

 

Se queremos actualizar un programa instalado con flatpak no sistema o primeiro que debemos coñecer é o nome do programa. Para iso listamos todos os programas instalados no computador con flatpak

flatpak list

E finalmente, se queremos actualizar este programa:

sudo flatpak update org.libreoffice.LibreOffice

E se o que queremos é desinstalalo:

sudo flatpak uninstall org.libreoffice.LibreOffice

 

De pouco vale ter información se non é a correcta. Para ter certas garantías de que a información que manexamos é a correcta debemos de procurala en varias páxinas web, obtendo resultados semellantes. Xa para cuestións importantes ou documentación científica debemos de procurala en revistas, libros, repositorios ou buscadores específicos. Aquí temos unha relación de fontes de información científica viculadas ao movemento Open Access.

Portais de revistas electrónicas:
 
Libros electrónicos
 
Repositorios
 
Motores de búsqueda
https://scholar.google.es/ (ver citados e documentos relacionados)

 

En ocasións necesitamos transformar un documento pdf composto por varias follas en un só documento, con varias follas en horizontal ou en vertical. Para isto é preciso dispoñer do software pdfnut.

Procedemos a instalalo:

apt install texlive-extra-utils

Abrimos o co terminal a carpeta onde dispoñamos do documento pdf

a. Impresión do ficheiro en dúas follas por páxina en  horizontal

pdfnup --nup 1x2 interior.pdf

Ver resultado

b. Impresión do ficheiro en vertical, creando unha sóa folla

pdfnup --nup 1x2 interior.pdf

Ver resultado

En moitas ocasións un titor desexa enviar unha carta estándar personalizada aos pais, ou aos seus alumnos para informarlles dalgún evento ou para citalos a unha reunión de titoría. Este procedemento pódese facer de varios xeitos. Vexamos un deles:

O primeiro que debemos de obter é o informe predefinido AL956- Datos xerais do alumno en formato folla de cálculo

Clic en Obter informe e seguidamente Ir ao Buzón

Descargamos o informe:

Abrimos o seguinte informe ficticio con datos inventados, con certo parecido ao modelo oficial:

getal956_datosxeraisexcel.csv

 

Imaxinemos que o Titor quere enviarlle unha carta a cada un dos alumnos de 4º ESO cunha postal de nadal. Variamos paso a paso:

1. Co ficheiro anterior, crear unha táboa dinámica na que filtre só o Nome, Apelidos e enderezo de cada un dos rapaces. Clic en Inserir > Táboa dinámica

2. Aceptamos a opción de selección actual

3. Ao cadro de Campos de páxina, arrastramos o elemento CURSO. Serviranos como botón para filtrar só os alumnos de 4ºESO

4. E en Campos de fila dispoñemos a información que desexamos filtrar: NOME, APELIDO1, APELIDO2 e ENDEREZO

5. Ao premer en aceptar o Calc xera unha folla nova

6. Na folla nova e no despregable CURSO, filtramos o 4º CURSO

E na xanela, desmarcamos os demais cursos

 7. E os datos filtrados quedan do seguinte xeito:

8. Seleccionamos eses rexistros e COPIÁMOLOS un novo documento, que gardamos co nome de Enderezos

Quedando así no novo documento:

9. Dirixímonos agora ao Writer e creamos un documento novo. En Formato > Páxina, escollemos un tamaño de Sobre con orientación horizontal.

10. Abrimos o Asistente da combinación de correspondencia

11. No PASO 1, deixamos as opcións por defecto. Clic en seguinte.

12. No PASO 2. Tamén mantemos as opcións por defecto, con tipo de documento carta.

13. No PASO 3

A. Seleccionamos o ficheiros Enderezos.ods que creamos no punto nº8 premendo en "Seleccionar lista de enderezos..."

B. Quitamos o selector de "Este documento debe de conter un bloque de enderezos"

 

E clic en Seguinte

14. No PASO 4, quitamos tamén o selector a "Este documento debería conter un saúdo"

15. Clic en Rematar.

 

16. Clic en Ver > Fontes de datos

Aparece unha nova fiestra enriba. Clic na folla de cálculo á que queiramos acceder, neste exemplo "enderezos"

E seguidamente, clic en Táboas

E dentro de táboas, entramos na folla na que teñamos os datos. Neste caso na Folla 1

 

Arrastramos os cabeceiros das diferentes columnas ao documento. Considero interesante inserir previamente un marco, pero non é obrigatorio.

De feito, desde Ver > Fonte de datos podemos engadir unha ou varios ficheiros de datos, sen necesidade de ir ao Asistente de combinar correspondencia. Pero para isto, debemos de abrir ao software LibreOffice Base e creamos unha nova base de datos, escollendo a folla de cálculo en "Conectarse a unha base de datos existente". Gardaresmos esta base de datos en enderezos.odb, que será a fonte de datos coa conectaremos desde Writer.

16. Podemos mover o marco a onde desexemos, darlle máis ou menos ancho, etc Podemos deixalo co seguinte aspecto, por exemplo:

17. Premendo en F11, asignámoslle estilos ao texto que está dentro do marco. Por exemplo escollendo un tipo de fonte cun tamaño 14

 

18. Para xerar un novo documento con tantos sobres como direccións dispoñemos, prememos en Editar documentos individuais

E queda algo así:

O Concello dunha gran cidade dispón dun paquete de 2000 vivendas sociais. Todas están en aluguer a razón de 200 euros ao mes. Decide vendelos a un fondo voitre. A empresa sabe que por cada 5 euros que suba o aluguer perderá 10 inquilinos. A que prezo poñerá o aluguer para obter o máximo beneficio?

Fonte: José Ángel Murcia: "Y me llevo una"

1. Creamos tres columnas na primeira folla

O primeiro que observamos é que non axusta de forma automática os anchos das columnas. Prememos co rato enriba da primeira columna e seleccionámola. Seguidamente pulsamos a tecla Ctrl e seleccionamos a columna B, C e D. Seguidamente facemos un clic co botón dereito do rato e escollemos a opción "Largura ideal"

 

Aparece a seguinte fiestra, que aceptamos sen mudar o valor por defecto:

2. Na segunda fila representamos a situación na que todos os pisos (2000) están ocupados. Na última columna colocamos a fórmula que multiplique o número de pisos ocupados polo aluguer.

 

 

Para inserir a fórmula pinchamos la cela D2 e escribimos o signo =, e seguidamente pinchamos en B2. A continuación no teclado escribimos o signo da multiplicación * , e por último clic na cela C2

 

Tecla Enter para rematar o proceso. Xa temos a primeira fórmula engadida. Hai que ter en conta que a folla de cálculo neste caso multiplica o valor que temos na celas B2 e C2, pero modificando o valor das celas, recalcula os ingresos.

3. O enunciado dinos que incrementando 5 euros o fondo perderá 10 inquilinos. Do que deducimos que se o fondo sube 50 euros, marcharán 100 inquilinos. Para que nos sexa máis manexable a táboa traballaremos con incrementos de 50 euros.

Para iso colocámonos na cela A3 e inserimos 100. Seguidamente seleccionamos a cela A2 e A3 de maneira conxunta (pinchamos en A2 e sen soltar o botón do rato, arrastramos a A3) aparecendo un puntiño negro na marxe inferior dereita

E agora, pinchando nese puntiño, arrastramos en vertical  ata que nos apareza o valor 2000, é dicir, que todos os  pisos estean baleiros.

Quedando así:

3. Escribimos 1900 en B3, seleccionamos B2 e B3 e arrastramos ata a fila 22. Queda algo así:

4. En canto ao aluguer, facemos incrementos de 50 en 50 euros. Podemos colocar 250 en C3, seleccionamos C2 e C3 e arrastramos

5. Finalmente arrastramos a fórmula de D2 ata o final. Se pinchas en calquera cela dos ingresos, fíxate como foi cambiando a fórmula ao arrastrala. Por exemplo na cela D9, a fórmula é  "=B9*C9". É moi importante ter isto en conta, para outros problemas, cando teñamos que multiplicar polo valor dunha cela que ten que permacer constante. O resultado é o seguinte:

6. Seguidamente engadímoslle á columna D un formato condicional para que destaque o valor máis alto da táboa.

A. Seleccionamos desde D2 ata D22.

B. Clic en Formato > Condicional > Condición

C. E engadimos a seguinte condición: Que o valor de calquera das celas seleccionadas teña un valor igual ou maior ao valor máximo nese rango. Debemos de fixarnos hai que bloquear as celas co símbolo $ para que faga o cálculo correctamente.

D. Seguidamente engadimos un gráfico. Seleccionamos todos os datos e logo clic en Inserir > Gráfica

a. En tipo de gráfica escollemos Liña

b. clic en Primeira columna como etiqueta

c. Personalizamos a gráfica

d. E o resultado pode ser o seguinte. Pero facendo dobre clic na gráfica podémola personalizar bastante

 

 

 

1. Descargamos  un ficheiro elaborado por un docente sen un formato definido. Trátase de un ficheiro de texto creado con LibreOffice, pero onde non se empregaron os estilos, e fóiselle dando formato a medida que se introducía o texto. Vexamos cales son os erros e cales son as melloras que lle podemos dar.

2. Gardar o documento con outro nome

3. Configurar o idioma do documento como galego. Corriximos algunha falta de ortografía co correcto ortográfico (botón dereito do rato).

4. Configuración dos marxes

Esquerda: 2.50,  Dereita 2, Arriba 2 e Abaixo 2 cm.

5. Portada

6. Títulos e subtítulos

7. Os parágrafos

8. Índice

9. Esquemas de numeración

10. Columnas

11. Hiperligazón

Agregamos un hipervínculo no primeiro apartado, vinculado Transtorno de Espectro Autista á definición da wikipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Autismo

Seleccionamos o texto e prememos en Inserir - Hiperligazón. Pegamos o enderezo.

 

12. Creamos unha nota no pé da páxina, co termo TEA, que aparece no primeiro apartado,  co enderezo da Asociación galega de Ásperger http://www.asperga.org/

  • Situámonos despois de TEA e Inserir - Nota a rodapé e nota final - Notas a rodapé

13. Engadimos comentarios (Inserir > Comentario)

14. Encabezado e pé da páxina

 

15. Creamos un pdf do documento

En libreoffice é moi sinxelo imprimir un documento en pdf. Tan só debemos de premer na icona de impresión pdf

Ou tamén desde a opción Ficheiro > Exportar

 

Neste caso dispoñemos de máis opcións, como por exemplo a posibilidade de introducir un contrasinal ao documento, tanto para abrilo ou para protexer a súa edición.

16. Gardámolo traballo como doc, docx

No caso de que queiramos exportar o traballo para abrir de forma directa no procesador de Microsoft, dirixímonos a Ficheiro > Gardar como