powered

 

Para saber a versión de Debian que temos instalada, podemos facelo coa seguinte instrución:

cat /etc/debian_version

No caso que queiramos actualizar o Debian Jessie a Stretch, podemos facelo empregando as seguintes instrucións:

apt-get update

apt-get upgrade (nun momento a actualización párase, e teremos que premer na tecla q, para continuar)

apt-get dist-upgrade

Así quedaría actualizado o Debian Jessie á última versión 8.8.

Agora continuamos o proceso para actualizado a Stretch:

nano /etc/apt/sources.list

E substituímos todos os "jessie" por "stretch". Salvamos (ctrl + o) e saímos (ctrl + x).

apt-get update

apt-get upgrade (nun momento a actualización párase, e teremos que premer na tecla q, para continuar)

apt-get dist-upgrade

 

barra

 

Hai usuarios que lles gusta dispoñer da barra de iconas Plank, xa que lles parece práctico. Con ela acadamos certo parecido estético cos equipos Mac. Velaquí está o procedemento para instalar esta barra en Debian Jessie con escritorio XFCE.

Descargamos a última versión do software Plank, que podemos atopar no seguinte enderezo: https://launchpad.net/plank

wget https://launchpad.net/plank/1.0/0.11.4/+download/plank-0.11.4.tar.xz

Descomprimimos:

tar -Jxf plank-0.11.4.tar.xz

Instalamos as seguintes utilidades:

sudo apt-get install automake gnome-common intltool pkg-config valac libbamf3-dev libdbusmenu-gtk3-dev libgdk-pixbuf2.0-dev libgee-dev libglib2.0-dev libgtk-3-dev libwnck-3-dev libx11-dev libgee-0.8-dev

Compilamos e instalamos

cd plank-0.11.4

./configure

make

make install

cd ..

Actualizamos librerías:

sudo ldconfig

Seguidamente cargamos o programa plank no inicio do usuario. Para iso abrimos o xestor de configuración e pinchamos en "Sesión e inicio". E dentro del en "Inicio automático de aplicacións".  Engadimos unha nova tarefa que chame a /usr/local/bin/plank

 

inicio

 

Reiniciamos e comprobamos que aparece o Plank.

Instalamos o osXFCE para obter maior parecido aos sistemas de Mac:

apt-get install git

git clone https://github.com/imccausl/osXFCE.git

cp -r osXFCE /usr/share/themes/osXFCE

cp -r osXFCE/plank/flatabOSX-Theme  /home/usuario/.local/share/plank/themes/

Tamén descargamos as iconas de deseño Mato:

git clone https://github.com/flipflop97/Mato.git

cd Mato

./install.sh

Asignamos o novo tema. Para iso imos a Menú de aplicativos > Configuración > Apariencia e escollemos en Estilo: osXFCE e en iconas "Mato".

 

estilo

 

Coa combinación de ctrl + botón dereito do rato na barra plank e no apartado Tema, podemos escoller do "flatabOSX-Theme", aínda que para min, o que máis me gusta é o transparente.

 

fet

 

Este software permite crear os horarios dun centro de ensino. É software libre.

Para instalalo en Debian Stretch tan só hai que empregar a seguinte orde desde o terminal:

#apt-get install fet

Tamén se pode descargar desde a súa páxina web: http://lalescu.ro/liviu/fet/download.html

Na configuración pódese cambiar o idioma ao galego

Tutorial: Manual básico

kali

Katoolin é un sinxelo script para engadir ferramentas forenses da distribución Kali Linux a Ubuntu ou a Debian. Funciona correctamente coa maqueta, ata onde probei, pois kali Linux está basada en Debian.

wireshark

Un dos programas máis didácticos é o Wireshark, co que fas unha análise detallada dos paquetes da rede, podendo atopar os contrasinais dos servizos http (serve para que tomemos conciencia do vendidos que estamos na rede ao non empregar protocolos seguros). Trae moitos máis programas.

instalamos git

apt-get install git

clonamos o proxecto:

git clone https://github.com/LionSec/katoolin.git

entramos na carpeta

cd katoolin

dámoslle permisos de execución

chmod +x katoolin.py

E executamos

./katoolin.py

Engadimos repositorios de kali linux e actualizamos (Add Kali repositories & Update). Para sair ao menú anterior escribimos "back"

E miramos as categorías, e procedemos a instalar o que resulte de interese.

atom

Engadimos as seguintes fontes, desde root (su root)

add-apt-repository ppa:webupd8team/atom

Debemos de modificar o ficheiro webupd8team-atom-jessie.list

cd /etc/apt/sources.list.d

mousepad webupd8team-atom-jessie.list

Aparece a seguinte liña: deb http://ppa.launchpad.net/webupd8team/atom/ubuntu jessie main. Cambiamos jessie por trusty:

deb http://ppa.launchpad.net/webupd8team/atom/ubuntu trusty main

Gardamos e saimos do mousepad. Procedemos a actualizar as fontes:

apt-get update

Instalamos o atom con aptitude, para que arranxe automaticamente as dependencias:

aptitude install atom

Ao actualizar o Debian Jessie, aparece o seguinte erro:

W: Non hai unha chave pública dispoñíbel para os seguintes ID de chave:
1397BC53640DB551

Parece que foi eliminada a chave pública de Google Chromiun, motivo polo cal é preciso solicitala de novo

wget -q -O - https://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub | sudo apt-key add -

Ao facer un apt-get update, xa non da o mesmo erro.

xfce

 

Se engadimos un usuario e queremos que acceda de forma automática sen tes que inserir o contrasinal, debemos de editar con dereitos de root o seguinte ficheiro:

mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf

Temos que modificar as seguintes liñas:

autologin-user=usuario (cambiar usuario polo nome do novo usuario)

autologin-user-timeout=0

Pero  non chega con reiniciar. Debemos de cargar a configuración de lightdm de novo. Para iso tecleamos a seguinte orde:

dpkg-reconfigure lightdm

ghostscript

Instalamos ghostscript e gsfonts

sudo apt-get install ghostscript gsfonts

En función da calidade que queiramos obter, podemos escoller entre as seguintes opcións, de menor a maior calidade: screen, default, ebook, printer e prepress

A instrución queda do seguinte modo coa calidade screen:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/screen -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Se o quixéramos con calidade ebook, que ao meu entender é a opción máis razoable para manter o equilibrio entre calidade e peso:

gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/ebook -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf

Para xuntar varios pdf, empregamos o pdftk. Podemos instalalo do seguinte xeito:

sudo apt-get install pdftk

A orde sería a seguinte:

pdftk ficheiro1.pdf ficheiro2.pdf cat output documento.pdf

E por último para eliminar páxinas dun documento pdf:

No primeiro exemplo eliminamos a páxina 7 do documento ficheiro1.pdf

pdftk ficheiro1.pdf cat 1-6 8-end output documento.pdf

No seguinte exemplo queremos só a páxina 7

pdftk ficheiro2.pdf cat 7-7 output documento.pdf

 

Subscribe to