Nas distribucións con arquitectura de 64 bits podemos instalar a aplicación Google Chrome. Para saber que arquitectura posúe o noso sistema operativo podemos empregar a seguinte instrución:
uname -r
Neste caso dispoñemos do kernel coa versión 4.9 e para unha arquitectura de 64 bits. Polo tanto podemos instalar o Google Chrome
Podemos facelo de varios xeitos.
1. Quizáis a máis sinxela sexa descargar o seguinte paquete .deb e instalámolo coa aplicación gdebi
https://dl.google.com/linux/direct/google-chrome-stable_current_amd64.deb
2. Tamén podemos instalar o paquete gdebi desde o terminal
su root wget https://dl.google.com/linux/direct/google-chrome-stable_current_amd64.deb dpkg -i google-chrome-stable_current_amd64.deb
3. Tamén podemos engadir o respositorio ao sistema e non empregar os paquetes .deb
a. Editamos o repositorio google-chrome.list
sudo nano /etc/apt/sources.list.d/google-chrome.list
b. Pegamos a seguinte entrada
deb [arch=amd64] http://dl.google.com/linux/chrome/deb/ stable main
Gardamos e saímos (Ctrl + o e Ctrl + x)
c. Engadimos a clave pública e importámola ao sistema
wget https://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub
signing key chrome sudo apt-key add linux_signing_key.pub
d. Actulizamos o listado de repositorios
apt update
e. Instalamos a aplicación
apt install google-chrome-stable
1. Seleccionar o programa para escanear.
Menú de Aplicativos > Gráficos > Escáner sinxelo
2. Seleccionar o dispositivo, no caso de que nun funcione ao pinchar en Escanear
Se no listado escáneres dispoñibles non aparece o PIC 0891, apagar e acender de novo a impresora e pechar e abrir de novo a aplicación Escáner sinxelo.
2. Escanear
1. Descargar unha versión portable e executala desde a conta de sen necesidade de instalala
2. Instalando a versión do repositorio da distribución
Cada distribución ten un repositorio con aplicacións para descargar e instalar. De certa maneira temos garantía de que as versións que están no repositorio funcionan correctamente na distribución que teñamos instalada. Sen embargo con toda probabilidade non será a última versión do software a instalar.
su root (e inserimos o contrasinal do usuario root) apt update apt install libreoffice
Moitos usuarios non acaban de verlle vantaxes ao botón de dobrar que aparece na barra superior dos programas, resultándolle molesta a desaparición da aplicación dun primeiro plano da pantalla. Vexamos como se desactiva:
Debemos de pinchar en Menú de aplicativos > Configuración > Xestor de configuración. Tamén podemos escribir no terminal a orde:
xfce4-settings-manager
Clic en Xestor de xanelas
Na disposición dos botóns, arrastramos o botón á zona de oculto
O tamaño máximo dos fichieros que pode subir un usuario á aula virtual Moodle queda definido por varias variables.
1. A primeira delas é na propia configuración do servidor, concretamente no php.ini. Se temos acceso completo ao sistema, podemos mudar as seguintes etiquetas na ruta /etc/php/version/apache2/php.ini
; Maximum allowed size for uploaded files. upload_max_filesize = 100M ; Must be greater than or equal to upload_max_filesize post_max_size = 100M
2. Na configuración da Administración do sitio do Moodle, no caso de contar co rol de administrador.
a. Tamaño máximo dos ficheiros enviados. Isto serve para que un docente poida subir un ficheiro para restaurar unha aula, por exemplo
Administración do sitio > Seguranza > Polítcias do sitio > Tamaño máximo do ficheiro enviado
b. Entrega de ficheiros na tarefas. Vale para establecer o tamáño máximo dun ficheiro que envíe un alumno ao docente para posteriormente ser avaliado
Administración do sitio > Módulos de actividade > Tarefa > Engadidos de entregas > Entrega de fichieros > Tamaño máximo da entrega
3. Na administración do curso o profesorado pode limitar no seu propio curso o tamaño máximo. Entrando no curso que desexemos configurar:
Administración do curso > Editar a configuración > Ficheiros e envíos > Tamaño máximo do envío
#!/bin/bash # AVISO DEREITOS DE ROOT if [ `id -u` -ne 0 ]; then echo "Debes de ter dereitos de root" >&2 exit 1 fi #ACTUALIZACIÓN DAS FONTES apt update #DESINSTALACIÓN DA VERSIÓN INSTALADA apt-get remove libreoffice* -y apt-get purge libreoffice* -y cd /tmp/ mkdir libreoffice cd libreoffice #DESCARGA E INSTALACIÓN DA VERSIÓN 7.0.2 wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/7.0.2/deb/x86_64/LibreOffice_7.0.2_Linux_x86-64_deb.tar.gz wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/7.0.2/deb/x86_64/LibreOffice_7.0.2_Linux_x86-64_deb_langpack_gl.tar.gz wget -c http://ftp.cixug.es/tdf/libreoffice/stable/7.0.2/deb/x86_64/LibreOffice_7.0.2_Linux_x86-64_deb_helppack_gl.tar.gz tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*_Linux_x86-64_deb.tar.gz cd LibreOffice*/DEBS/ dpkg -i *.deb tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*langpack_gl.tar.gz cd LibreOffice*/DEBS/ dpkg -i *.deb tar xzvf /tmp/libreoffice/LibreOffice*helppack_gl.tar.gz cd LibreOffice*helppack_gl/DEBS/ dpkg -i *.deb rm -R /tmp/libreoffice # BORRAMOS ACCESO DIRECTOS A LIBREOFFICE NO CARTAFOL DOS USUARIOS .local/share/applications/ UHOME="/home" conf=".local/share/applications" # LISTADO DE TODOS OS USUARIOS _USERS="$(awk -F':' '{ if ( $3 >= 500 ) print $1 }' /etc/passwd)" for u in $_USERS do _dir="${UHOME}/${u}/${conf}" if [ -d "$_dir" ] then ruta=$_dir$FILE rm ${ruta}/libreoffice*.desktop fi done #INSTALACIÓN DE LIBREOFFICE-COMMON PARA VISUALIZAR AS ICONAS apt install libreoffice-common -y
Queiramos ou non a estética gústanos a todos, fainos mover, ilusionar. As tendas comerciais téñeno moi claro. Imaxinades un Mc Donalds nunha nave industrial construída con bloques e teito de fibrocemento?. Non, non é posible.
Polo tanto, debemos de coidar a estética da aula virtual, en primeiro lugar sendo ordenados e moi amables na participación dos foros e mensaxería en xeral. Un espazo no que os usuario teñan o perfil ben configurado co seu abatar. No caso de inserir textos mediante páxinas, por exemplo, é moi interesante inserir títulos con letra de maior tamaño e fontes distintas e empregar os puntos aparte para que o lector poida facer un descanso na lectura que convide á reflexión. Tamén é moi interesante empregar etiquetas, botóns, táboas con cores, etc. En definitiva, trátase de darlle un aspecto un pouco máis humano a unha máquina.
Dispoñemos de software moi útil para personalizar a aula virtual. Destaco o Gimp e o Inkscape para inserir imaxes personalizadas e o Visual Studio Code ou o forlk VSCodium para a edición de código html, css ou javascript.
PERSONALIZAR O CABECEIRO
Activa a edición no teu curso
1. No "Bloque 0" do curso (o primeiro que aparece, onde está situado o "Foro de novas"), pulsa sobre a icona de "Editar o resumo"
2. Usando o editor de texto, crea un encabezado para o teu curso, de acordo aos seguintes criterios:
• Deixa marcada a opción "Empregar o nome predeterminado da sección"
• No caso en que non queiramos engadir unha imaxe, podemos inserir un texto. Así, no campo "Resumo" introduce o título da asignatura (ou materia) sobre a que vas a crear os temas do curso. Este título deberá ter un tamaño de letra de 24 pt. (ou máis) en cor azul ou calquera outra cor diferente á negra.
• A continuación, no mesmo campo "Resumo" introduce un pequeno párrafo de benvida e/ou presentación do teu curso. Este párrafo debe levar un tamaño de letra inferior a 24 pt., e agora sí, en cor negra.
• Sería moi interesante insertar unha imaxe que sirva como encabezado para o teu curso, pero ten coidado co tamaño desta imaxe xa que se é demasiado grande desplazará hacia abaixo todos os temas do curso. Para isto recomendo empregar o software Inkscape
a. Seleccionamos a opción Crear rectángulos e cadrados. E trazamos un rectángulo. Darémoslle unhas dimensións de 980x150 pixeles por exemplo
b. Cambiámoslle a cor. Como traballamos con xente nova e optimista, poñamos cores atrevidas!
c. Podemos engadir un pequeno logo, debuxiño, etc. Dispoñemos de moitos bancos de imaxes, como os que puxen na seguinte páxina: https://blog.atio.es/node/247. A min as imaxes que máis me gustan son os ficheiros svg, xa que se escalan sen perder calidade e podemos darlle movemento ou cambiar as propiedades con javascript. Un par delas que me gustan son:
https://www.freevector.com/
https://www.freepik.es/
Descargamos un logo que nos guste e inserímolo dentro do fondo que deseñamos os pasos anteriores
https://www.freevector.com/computer-kid
Neste caso trátase dunha imaxe de adobe, con extensión ai, pero compatible con Inkscape
d. Ficheiro > Importar (todos os ficheiros) e seleccionamos a imaxe
e. Escalamos a imaxe, seleccionando a imaxe por unha esquina e premendo a tecla Ctrl
f. Desagrupamos a imaxe e eliminamos o fondo. Pode quedar algo así. Gústache?
g. Ficheiro > Propiedades do documento > Redimensionar a páxina ao contido...> Redimensionar a páxina ao debuxo ou á sección
j. Ficheiro > gardar como > cabeceiro.svg
k. Xa no moodle insertarmos a imaxe. En apariencia dámoslle un ancho de 100%, para que se axuste ao ancho máximo dispoñible. O alto deixámolo en branco
Para finalizar pulsa o botón "Gardar modificacións" , e observamos o resultado
1. Combrobar a arquitectura do equipo
uname -r
(se pon ...386, trátase dun equipo 32 bits, e se aparece ...amd64, trátase dunha arquitectura 64 bits)
2. Descargar o ficheiro axeitado á arquitectura
3. Abrir o emulador de terminal
4. Escalar os privilexios a root
su root
5. Ir á carpeta de descargas
cd /home/usuario/Descargas
6. Darlle permisos de execución ao ficheiro:
chmod +x install_firefox.sh
ou
chmod +x install_firefox386.sh
7. Procedes a instalar o programa
./install_firefox.sh
(fíxarse ben no punto antes da barra)
Aquí podes visualizar o código do script para analizar o seu funcionamento:
USER_NAME=`cat /etc/passwd | grep 1000 | cut -d: -f1` HOME_USER_NAME=/home/$USER_NAME if [ `id -u` -ne 0 ]; then echo "Debes de contar con privilexios sudo ou root" >&2 exit 1 fi apt remove --purge firefox-esr firefox -y apt autoremove sudo rm -r ~/.mozilla wget "https://download.mozilla.org/?product=firefox-latest&os=linux64&lang=gl" -O latest-firefox.tar.bz2 rm -r /opt/firefox tar -jxvf latest-firefox.tar.bz2 -C /opt echo 'Firefox instalado' ln -s /opt/firefox/firefox /usr/bin/firefox touch test.desktop echo -e "[Desktop Entry]\nName=Firefox\nComment=Navegador web\nGenericName=Web Browser\nX-GNOME-FullName=Firefox ''Su versión'' Web Browser\nExec=/opt/firefox/firefox %u\nTerminal=false\nX-MultipleArgs=false\nType=Application\nIcon=/opt/firefox/browser/chrome/icons/default/default128.png\nCategories=Network;WebBrowser;\nMimeType=text/html;text/xml;application/xhtml+xml;application/xml;application/vnd.mozilla.xul+xml;application/rss+xml;application/rdf+xml;image/gif;image/jpeg;image/png;x-scheme-handler/http;x-scheme-handler/https;\nStartupWMClass=Firefox\nStartupNotify=true\nPath=" > test.desktop mv test.desktop /usr/share/applications/firefox.desktop ln -s /usr/share/applications/firefox.desktop $HOME_USER_NAME/Escritorio/firefox.desktop chmod +x $HOME_USER_NAME/Escritorio/firefox.desktop rm latest-firefox.tar.bz2
Se queremos que o un vídeo que subamos á aula virtual comece a reproducirse de forma automática, podemos facelo engadindo un pouco de código html.
Paso 1. Subimos o vídeo como ficheiro embebido pulsando en "Manage Embedded files"
A modo de exemplo subiremos o seguinte ficheiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbainas/system/files/colega.mp4
Agora clic en engadir o vídeo:
Procurar o ficheiro incrustado, e seleccionar
Unha vez que o inserimos o estado da fiestra queda do seguinte modo:
Tal e como indica a figura anterior debemos de visualizar o código html clicando na dobre aspa e obtemos o código html:
<p><a href="https://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/aulavirtual2/draftfile.php/3/user/draft/365749957/colega.mp4">colega.mp4</a></p>
Deste código só interesa a dirección na que se atopa o ficheiro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/aulavirtual2/draftfile.php/3/user/draft/365749957/colega.mp4
E agora debemos reemplazar o código antior polo seguinte, sabendo que no src, debemos de escribir a dirección do paso anterior. A etiqueta que impedirá que o vídeo se autoreproduza é autostart="0"
<div>
<video width="512" height="288" controls="controls" autostart="0">
<source src="https://www.edu.xunta.gal/centros/zonaceed6/aulavirtual2/draftfile.php/3/user/draft/365749957/colega.mp4" type="video/mp4" />
O teu navegador non soporta este vídeo.
</video>
</div>
Actualizar e gardar e mostrar
Moodle permite a visualización da barra de ferramenta dos recursos e das actividades de dous xeitos diferentes:
E dentro da cada un dos apartados vemos as diferentes opcións
A segunda forma de ver a barra de ferramentas é nunha barra única, cun aspecto máis actual.
Sen embargo para activar este modo de visualización teremos de activar o módulo AJAX da aula virtual. Para iso dirixímonos a:
Administración do sitio > Aparencia > AJAX e Javascript
e activamos AJAX