Debian

atio

 

Exim4. Configurar sistema para envío de correos con Gmail.

Pode ser de utilidade que o sistema nos avise de determinados acontecementos, por exemplo unha actualización automática. Tamén pode valer para que unha aplicación web que teñamos instalada nos lembre no correo electrónico o contrasinal esquecido, e como non para o envío de correos a través do terminal. Unha maneira de facelo é empregando o servidor de correo Exim4. Procedamos a configuralo:

su root

dpkg-reconfigure exim4-config
aceptar_exim4

Aceptamos

servidor

Eliximos a opción: O correo envíase por un servidor; recíbese por SMTP ou fetchmail. Aceptamos. Aceptamos novamente a nova fiestra informativa.

nome_servidor_correo

Engadimos calquera nome ao servidor de correo. Aceptamos a seguinte fiestra informativa.

ip

Mantemos a configuración da ip para as conexións smtp entrantes:  127.0.0.1; ::1. Na seguinte fiestra na que se nos pide Outros destinos para os que se acepta correo, deixamolo en branco, e na seguinte tamén o deixamos en branco cando nos pregunta polas Máquinas para as que se remite correo.

servidor de correo sainte

Configuramos o nome do servidor de correo saínte como: smtp.gmail.com::587

Obviamente, se empregamos outro servidor de correo saínte, deberemos de mudar a configuración, tanto no enderezo como no porto.

Na seguinte fiestra pregúntasenos se queremos agochar o nome de local no correo de saínda (no meu caso "fornella"). Eu elixo que non. Acepto a seguinte xanela informativa. Na seguinte fiestra pregúnta se debe de minimizar o número de consultas DNS. Elixo non sen ter moi claro a importancia da cuestión.

gardado_correo

No método de gardado do correo, escollo a opción Formato mbox en /var/mail. Aceptamos a seguinte ventana informativa. Seguidamente indícanos se debe de partir a configuración en ficheiros pequenos, contestei non. Tampouco teño moi claro a importancia de escoller unha ou outra opción. Ao aceptar reiniase o exim4.

Editamos o ficheiro /etc/exim4/passwd.client

mousepad /etc/exim4/passwd.client

Debemos de engadir as seguintes tres liñas, obviamente cambiando contadecorreo pola conta que queiras empregar e o seu respectivo contrasinal.

gmail-smtp.l.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
*.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
smtp.gmail.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal

Reiniciamos o servizo:

service exim4 restart

Se queremos probar o seu funcionamento, podemos facelo coa seguinte instrución:

echo Proba desde Exim4 | mail martintecnoloxia@gmail.com -s "O servidor Exim4"

O Gmail avisaranos cun correo de alerta "Alguén ten o teu contrasinal", no caso que descoñeza a dispositivo desde o cal facemos o envío de correo, por iso debemos de revisar os dispositivos e tamén permitir o login desde sitios non seguros. Esto farémolo directamente desde un correo que nos envía:

revisqasifuneuprotexer

E recibimos as mensaxes:

recibido

Agora podemos configurar o sistema para que nos envío o correo interno á conta previamente definida. Para isto editamos o ficheiro:

nano /etc/aliases

E engadimos ou editamos a liña de root, sinalando a conta de correo.

aliases

 

 

Termo

Ofris. Conxelar o sistema.

Moitos usuario procuran un programa alternativo a Deep Freeze do sistema operativo Windows para Linux. Unha alternativa posible é Ofris.

1. Creamos un novo usuario que queiramos conxelar, por exemplo o usuario alumno

su root

adduser alumno

2. Descargamos o paquete ofris da seguinte ligazón:

a. 32 bits: http://goo.gl/V94Qs

b. 64 bits: http://goo.gl/DleLl

Para saber se a maqueta coa que estamos é 32 ou 64 bits,  podemos teclar a seguinte orde:

uname -m

Se a resposta é i686, trataríase dun sistema de 32 bits

3. Instalamos o paquete o gdebi, ou tamén se o preferimos co terminal:

dpkg -i ofris-en_1.9.05-build2~tahutek~maverick_i386.deb

4. Executámolo programa . Para iso abrimos o terminal, e escalamos a root.

su root (indicamos o contrasinal)

ofris-en

5. Se escollemos a opción 2, podemos conxelar o sistema para un usuario en concreto. Neste exemplo sería o usuario alumno. Se escollemos a opción 4, podemos desconxelar o sistema.

 

Termo

Usuario con permisos para instalar ou cambiar o contrasinal.

Resulta de utilidade crear un usuario que poida instalar ou ben cambiar o seu propio contrasinal, descoñecendo o contrasinal de root

Imaxinemos que dispoñemos dun usuario chamado martin

Para que este usuario poida instalar software ou ben cambiar o seu propio contrasinal debemos de agregalo ao grupo sudo

Co terminal, e neste caso desde root, escribimos:

usermod -a -G sudo martin

Tamén o podemos facer coa ferramenta de xestión de usuarios "Usuarios e grupos", que atopamos en sistema. No caso de que non o teñamos instalado, farémolo instalando o seguinte paquete: gnome-system-tools

Para iso pinchamos en xestionar grupos, procuramos sudo e clic en propiedadades. En propiedades clic no usuario que queiramos agregar ao grupo sudo.

 

usuarios

 

Unha vez que teñamos o usuario no grupo sudo, podemos cambiarlle o contrasinal desde a propia conta ou ben instalar os programas que desexemos sen escalar ao usuario root.

 

sudo

 

Se quixeramos cambiar lle o contrasinal escribiríamos no terminal (aínda que tamén o podemos facer en "Usuarios e grupos"):

passwd martin

 

 

 

Termo

Reparar ou mellorar un sistema desde un live cd

jail

by Barnellbe


Non sería a primeira vez que estragamos o grub do sistema e vémonos na obriga de recuperalo. Se queremos cambiar o contrasinal de root, instalar unha nova aplicación ou mesmo actualizalo kernel. Podémolo facer coa axuda dun usb live ou dun cd e unha magnífica ferramenta para recuperar sistemas incluida na distribución, chamada chroot, aínda que descoñezamos o contrasinal de root do sistema a reparar. No meu caso, dispoño dun Kali Linux en un dos discos duros, sen embargo un día deixou de arrancar, deixando unha mensaxe na pantalla que poñía (initramfs). Explico como fixen que arrancara novamente:

Cargamos o sistema operativo desde o lapis. E ímonos ao terminal:

bash

Creamos unha carpeta na cal montar a unidade onde teñamos instalado o linux que queremos reparar. No meu caso vou recuperar o arranque dun kali linux (basado en Debian), que teño instalado na unidade /dev/sdb1.

mkdir -p kali/{sys,proc,dev/pts}

A anterior instrución é equivalente a ir creando os seguinte cartafois de forma manual. Obviamente resulta máis cómodo co comando previo.

mkdir  /mnt/kali

mkdir /mnt/kali/proc

mkdir /mnt/kali/sys

mkdir /mnt/kali/dev

mkdir /mnt/kali/dev/pts

Montamos a unidade na que teñamos instalado o sistema anfitrión, no meu caso un kali linux. Para aclarar en que unidades está instalado un sistema operativo, podemos axudarnos da orde fdisk -l ou ben gparted.

mount /dev/sdb1 /mnt/kali

Montamos tamén e de maneira manual /dev/ /dev/pts /proc e /sys:

mount -o bind /dev /mnt/kali/dev

mount -o bind /dev/pts /mnt/kali/dev/pts

mount -o bind /sys /mnt/kali/sys

mount -o bind /proc /mnt/kali/proc

Os puntos seguintes en teoría non sería necesario facelos, pero se ao facer chroot non dispós de conexión á rede, o único que hai que facer é copiar o sources.list e o resolv.conf. No caso do resolv.conf, pode ocurrir que o sistema nos indique que o ficheiro orixe e destino é exactamente o mesmo. Se fora así, eliminámolo do sistema operativo kali e copiámolo do sistema que teñamos activo (usb, por exemplo).

cp /etc/apt/sources.list /mnt/kali/etc/apt/sources.list

rm /mnt/kali/etc/resolv.conf

cp /etc/resolv.conf /mnt/kali/etc/resolv.conf

Cargamos o chroot

chroot /mnt/kali /bin/bash

Xa estamos no sistema operativo anfitrión con dereitos de root. Agora podemos cambiar contrasinais, reparar grub, instalar aplicacións, agregar usuarios, etc.

apt-get update

apt-get install ...

No meu caso e coa idea de recuperar o grub, o que fixen foi actualizar o grub:

update-grub

Unha vez feitos os cambios, para sair de chroot escribimos a orde exit:

exit

E por último debemos de desmontar as carpetas sys, dev, proc:

umount /mnt/kali/proc/

umount /mnt/kali/sys/

umount /mnt/kali/dev/pts/

umount /mnt/kali/dev/

Reiniciamos o equipo e arrancamos o equipo. No meu caso, kali estaba novamente activo.

kali_linux

 

Termo

Linux Multimedia Studio

lmms

O LMMS é un estupendo programa para a edición de audio en Linux. A única desvantaxe que presenta é a imposibilidade de grabar directamente, aínda que se pode solventar grabando con Audacity e los importar a túa grabación  a LMMS para tratala da maneira desexada.

https://lmms.io/download

Para instalalo é moi sinxelo.

En Debian/Ubuntu/Mint: sudo apt-get install lmms

En Arch Linux: sudo pacman -S lmms

https://youtu.be/fiAUyp_5b9I

Termo

Comprobar a versión do debian instalado e do seu kernel

kernel

Para coñecer a versión do sistema operativo instalado pódese de facer de varios xeitos. Sen embargo o máis sinxelo penso que pode ser o seguinte:

cat /etc/debian_version

Para coñecer a versión do kernel:

uname -r

Se quixéramos coñecer a arquitectura do equipo (32 ou 64 bits):

uname -a

Se aparece i686 GNU/Linux, trataríase dun sistema operativo 32 bits. Se aparece a cadea x86_64 GNU/Linux, trátase dun 64 bits.

Termo

Redimensionar imaxes por lotes

Hai moitas utilidades coas que se pode redimensionar as imaxes dunha carpeta. O XnConvert pode ser un deles:

xnconvert

http://www.xnview.com/en/xnconvert/#downloads

Escollemos o paquete deb da versión 32 ou 64 bits, segundo corresponda e procedemos a instalalo co gDebi ou ben desde o terminal coa instrución dpkg -i nomeficheiro.deb

No apartado settings pódese configurar o idioma dos menús en español. O funcionamento é moi sinxelo, tan só debemos de engadir as imaxes e configurar o traballo a realizar co elas.

 

 

Termo

Actualizar de Jessie e Stretch

powered

 

Para saber a versión de Debian que temos instalada, podemos facelo coa seguinte instrución:

cat /etc/debian_version

No caso que queiramos actualizar o Debian Jessie a Stretch, podemos facelo empregando as seguintes instrucións:

apt-get update

apt-get upgrade (nun momento a actualización párase, e teremos que premer na tecla q, para continuar)

apt-get dist-upgrade

Así quedaría actualizado o Debian Jessie á última versión 8.8.

Agora continuamos o proceso para actualizado a Stretch:

nano /etc/apt/sources.list

E substituímos todos os "jessie" por "stretch". Salvamos (ctrl + o) e saímos (ctrl + x).

apt-get update

apt-get upgrade (nun momento a actualización párase, e teremos que premer na tecla q, para continuar)

apt-get dist-upgrade

Termo