Impresoras

atio

 

Instalar impresora Epson AL-M300DN

epson_marca

Descargamos o ficheiro ppd da páxina oficial de Epson

http://download.ebz.epson.net/dsc/search/01/search/?OSC=LX

Concretamente ao engadir o modelo, a páxina rediríxenos ao seguinte enderezo:

http://download.ebz.epson.net/dsc/du/02/DriverDownloadInfo.do?LG2=EN&CN2=&DSCMI=21783&DSCCHK=073a8d5b2d8a51b4d634b0b0c797d6be73ec9b0d

Adeptamos a licencia e procedemos a descargar o ficheiro

EPALM30.ppd

Abrimos o navegador e dirixímonos á aplicación de cups, a través do seguinte enderezo:

http://localhost:631

En Administration, pinchamos en AddPrinter e seleccionamos o modelo de impresora detectado (no equipo que fixen a proba detecta: AL-M300-F60EB5 (EPSON AL-M300))

epson

Clic en navegar, seleccionamos o ficheiro EPALM30.ppd e clic en AddPrinter

 

 

 

 

 

Termo

Konica Minolta Bizhub c258 en Debian

konica

 

O primero que debemos de coñecer é a ip da impresora.

Seguidamente dirixímonos a páxina do fabricante e descargamos o ficheiro ppd do modelo Bizhub c258

https://www.konicaminolta.es/es/business-solutions/productos/oficina/impresoras-multifuncionales/sistemas-de-impresion-color/bizhub-c258/descargas.html

Descargamos o ficheiro: IT5PPDLinux_600020000MU.zip

Descomprimimolo: unzip IT5PPDLinux_600020000MU.zip

Entramos en cups: http://localhost:631

Instalamos impresora. Engadimos o ficheiro KOC658SX.ppd que atopamos na seguinte carpeta:

Accedemos á carpeta /IT5PPDLinux_600020000MU/Spanish/CUPS1.2#

Abrimos o xestor de impresoras (Inicio > Sistema > Print Settings), nas propiedades da impresora mudamos o enderezo lpd://KMA30E9F/print.... por socket://192.168.1.99, é dicir socket://ip_da_impresora

 

 

 

 

Termo

Fotocopiadora Canon IR 3025N en Debian

canon

 

Procedemento para a instalación da fotocopiadora Canon IR3025N, e tamén válido para moitos outros modelos Canon.

Accedemos á páxina do fabricante e escollemos a fotocopiadora:

https://www.canon.co.uk/support/products/imagerunner/

No caso da impresora Canon IR 3025n, empregaremos o seguinte enderezo

https://www.canon.co.uk/support/products/imagerunner/ir3025n.aspx?type=drivers&language=&os=Linux%20(32-bit)

Descargamos o ficheiro seguinte:

linux-UFRII-drv-v340-uken.tar.gz

Descomprimimos

tar zxf linux-UFRII-drv-v340-uken.tar.gz

No caso que o Debian sexa un 32 bits, entramos na carpeta seguinte:

linux-UFRII-drv-v340-uken/32-bit_Driver/Debian$

e se o noso sistema é 64 bits, na seguinte:

linux-UFRII-drv-v340-uken/32-bit_Driver/Debian$

Escalamos a root

su root (indicamos contrasinal)

Procedemos coa instalación de tódolos paquetes .deb

dpkg -i *.deb

Seguidamente dirixímonos a cups e procuramos o driver da impresora. Agora xa aparece para proceder coa súa instalación

http://localhost:631

 

 

Termo