edi

atio

 

Instalar encerado Smart en Debian

1. Descargamos o software do seguinte enderezo:

https://education.smarttech.com/en/products/notebook/download#admin

E eliximos as seguintes opcións:

smart

2. Unha vez descargado descomprimos o ficheiro, por exemplo co botón dereito do rato

descomprimir

3. Dirixímonos á seguite ruta: /home/usuario/Descargas/dists/stable/non-free/binary-i386/ co explorador de ficheiros. Unha vez alí, co botón dereito do rato eliximos a opción "Abrir aquí unha terminal". Abrese o terminal.

4. Entramos como root

su root

(escrimos o contrasinal)

5. Instalamos os paquetes .deb, empregando a seguinte instrución:

dpkg -i *.deb

6. Unha que remate, debemos de reiniciar o equipo.

Termo

EDI Promethean ActivBoard en Debian

Debemos de instalar o driver de promethean e ademais o software activeInspire. Agregamos as fontes:

nano /etc/apt/sources.list

Engadimos as dúas seguintes liñas:

deb http://activsoftware.co.uk/linux/repos/debian wheezy oss non-oss
deb http://activsoftware.co.uk/linux/repos/driver/ubuntu xenial oss non-oss

Engadimos as claves públicas de Promethean, tanto para o software ActiveInsprire como para o driver:

cd /tmp
wget http://activsoftware.co.uk/linux/repos/Promethean.asc -O key
sudo apt-key add key cn=`lsb_release -c|awk '{print $2}'`

wget  http://activsoftware.co.uk/linux/repos/driver/PrometheanLtd.asc
apt-key add PrometheanLtd.asc

Actualizamos as fontes:


apt-get update

Instalamos o driver:

sudo apt install activtools

Instalamos Active Inspire:

apt-cache search activ-meta (instrución para coñecer os idiomas dispoñibles).

Instalamos en galego:

apt install activ-meta-gl

 

Termo