Programar o robot mBot con mBlock e Arduino

atio

 

O primeiro que debemos de facer é instalar o IDE de Arduino e o IDE de MBlock, no caso de que non o teñamos instalado

1. Arduino

usuario@debian:~$ su root

root@abalar6:/home/usuario# apt install arduino

2. mBlock

No caso de mBlock, instalamos a versión 3, xa que a 5 está en versión Alpha. Descargamos a versión de 32 bits ou de 64 bits, en función da arquitectura do noso sistema operativo. Para coñecer se a arquitectura do noso equipo é de 32 bits ou de 64 bits, podemos seguir o explicado na formación de Linux

Descarga de mBlock 32

Descarga de mBlock 64

Procedín a instalalo en dúas distribucións diferentes: Linux Mint 64 bits e do Debian Jessie (maqueta Abalar). No caso do Linux Mint, quedou perfectamente instalado, co lanzador no menú, dentro do apartado Outros. Polo tanto, no caso de Mint, pasaremos ao punto nº3.

No caso do Debian Jessie, instalouno na carpeta /opt/makeblock. Dentro desta carpeta, crea outra que se chama mBlock e dentro da segunda carpeta entre outros ficheiros hai un executable chamado mblock. Co programa menulibre podemos crear un elemento no menú de programación que chame a /opt/makeblock/mBlock/mblock, para que sexa máis cómoda a súa execución.

Instalamos a aplicación menulibre

Creamos un enlace simbólico a ficheiro e colocarémolo en /usr/bin, de maneira que ao escribir mblock no terminal se abra o software de mBlock

root@debian:/home/usuario# ln -s /opt/makeblock/mBlock/mblock /usr/bin/mblock

root@debian:/home/usuario# apt install menulibre

usuario@debian:~$ menulibre

(a imaxe para a icona collémola de /opt/makeblock/mBlock/resources/web/images/mblock-ide-logo.png)

menulibre

 

3. Librerías de makeBlock para Arduino

Tamén deberemos de instalar as librerías de makeblock para Arduino. Descargámolas do seguinte enderezo:

https://github.com/Makeblock-official/Makeblock-Libraries/archive/master.zip

Descomprimimos o ficheiro master.zip, e copiamos a carpeta makeblock na carpeta na que está instalado o Arduino. Para coñecer esta carpeta, o máis sinxelo de abrir o Synaptic e buscar Arduino

sy_arduino

Cun clic co botón dereito do rato, e elixindo a opción Propiedades, podemos ver la lapela ficheiros a carpeta na que está instalado o Arduino

Ficheiros_instalados

No caso de Debian, o Arduino está instalado en /opt/arduino-1.6.7

Copiamos a carpeta das librerías en /opt/arduino-1.6.7/libraries/

cp -rp /home/usuario/Descargas/Makeblock-Libraries-master/makeblock /opt/arduino-1.6.7/libraries/

4. Enchufamos o robot a un porto usb, e acendémolo.

No mblock á dereita aparece un enlace chamado connect. Se prememos nel e escollemos a opción USB

connect

Debe de aparecer no selector, e seguidamente prememos en connect.

5. Do deseño á compilación e cargado do código  no mbot

Deseñamos o programa en mBlock. Unha vez que o teñamos deseñado, pinchamos en <>code/upload, para ver o código processing. Seguidamente pinchamos en Edit with Arduino IDE

EDIT

Automaticamente ábrese o IDE de Arduino, co código importado de mBlock. No Arduino debemos de elixir a placa Arduino UNO e en porto escollemos a opción USB0. Desde Arduino, tan só debemos de facer un clic en probar e subir.

No caso de que escollamos un programa de exemplo no arduino, debemos de cambiar a chamada á librería #include "MeOrion.h" por a librería #include "MeMcore.h"

mcore

Polo tanto, empregamos a interface de mBlock para deseñar o programa por bloques e o ide de Arduino para subilo ao mbot. Obviamente tamén podemos deseñar o programa directamente no IDE de Arduino en código processing, cando teñamos certa experiencia co deseño de bloques.

Engadir un novo comentario