Alternativa a OpenSankoré: OpenBoard

atio

 

opensankore

OpenSankoré é un programa libre para o manexo dos encerados dixitais. Sen embardo o seu desarrollo detívose fai  uns anos coa version 2.5.1. e no ano 2014. Recentemente o sitio oficial pechou, deixándonos sen este servizo. Sen embargo, podemos continuar descargando programa nun servidor non oficial:

http://laurent.bellegarde.free.fr/ubuntu/

Posteriormente xurdiu un fork de Sankoré moi interesante chamado OpenBoard. Podémolo descargar na seguinte ligazón:

openBoard

http://openboard.ch/download.en.html

Sen embargo non dispoñemos dunha versión para 32 bits, sendo todas para 64 bits.

Como instalar OpenBoard en Debian Stretch 32 bits

Para isto ímonos aproveitar do traballo realizado polo equipo de desenvolvemento de PrimTux. Trátase dunha fantástica distribución destinada aos máis pequenos. Está basada en Debian Stretch 9.2. https://primtux.fr/

primtux

O primeiro que debemos de facer é engadir o repositorio de primtux ao ficheiro de fontes:

usuario@debian:~$ nano /etc/apt/sources.list

deb http://depot.primtux.fr/repo/debs/ Primtux2-Stretch main

Engadimoso a clave gpg para asegurarnos que nos estamos comunicando co auténtico servidor de primtux:

wget -q -O key http://depot.primtux.fr/repo/debs/key/PrimTux.gpg.key

apt-key add key

Actualizamos e instalamos:

apt-get update

apt-get install openboard-stretch

Se quixeramos instalar o software en Debian Jessie, teríanos que engadir no ficheiros sources.list os repositorios de Stretch, actualizar e instalar o openboard-stretch, aceptando a instalación de moitas librerías e paquetes. Finalmente, despois deste proceso, tamén funciona en Jessie.

 

Termo

Engadir un novo comentario