Actualización de Debian Jessie a Stretch nun VPS DigitalOcean

atio

 

digitalocean

Deixo por aquí como actualicei o servidor de DigitalOcean no cal teño aloxado entre otras cousas este blog. Con moita probabilidade o proceso é moi parecido para outros servizos de VPS. Fixen unha actualización de Debian Jessie 8.2 a Debian Stretch 9.2. A primeira razón pola que fixen a actualización foi para enredar e pasalo ben, pois como teño sinalado noutras ocasións, GNU/Linux é divertido. A segunda razón foi para engadir PHP 7.0, que como xa lera na web, incrementa moito a velocidade de resposta do Drupal e outras páxinas, como comprobei máis tarde. Con toda seguridade hai outras formas de facelo, moito máis profesionais e sinxelas, pero este blog non deixa de ser unhas anotacións para internautas como ti que só procura aprender e disfrutar da informática.

root@debian:~:# apt update && apt upgrade

Facemos unha copia de seguridade do ficheiro sources.list:

root@debian:~:# cp /etc/apt/sources.list /etc/apt/sources.list.orig

root@debian:~:# nano /etc/apt/sources.list

E engadimos o seguinte contido:

deb http://mirrors.digitalocean.com/debian stretch main

deb-src http://mirrors.digitalocean.com/debian stretch main

deb http://security.debian.org/ stretch/updates main

deb-src http://security.debian.org/ stretch/updates main

deb http://mirrors.digitalocean.com/debian stretch-updates main

deb-src http://mirrors.digitalocean.com/debian stretch-updates main

Actualizamos as fontes e facemos un upgrade:

root@debian:~:# apt update && apt upgrade

Facemos o salto á versión Stretch

root@debian:~:# apt dist-upgrade

Reiniamos e comprobamos a versión instalada

root@debian:~:# reboot

root@debian:~:# cat /etc/debian_version

Obtendo o seguinte resultado: 9.2

Sen embargo non me funcionaba o Apache2. Decidín reinstalar LAMP (Apache, php e mysql)

O primeiro que fixen foi unha copia dos sites-avaliable e sites-enabled do Apache2 e seguidamente reinstalar os servizos.

root@debian:~:# cp -r /etc/apache2/sites* /home/copia_sites

root@debian:~:# apt remove --purge apache2

root@debian:~:# apt install apache2

root@debian:~:# apt-get remove php5

root@debian:~:# apt install php

root@debian:~:# /etc/init.d/mysql stop

root@debian:~:# apt-get --purge remove mysql-client mysql-server mysql-common

root@debian:~:# apt-get install mysql-client mysql-server mysql-common

root@debian:~:# service mariadb start

root@debian:~:# sudo apt-get install php-mysql

E ademais instalamos dúas utilidades, sendo necesaria a primeira para que funcione correctamente o phpmyAdmin

root@debian:~:# apt install php-mcrypt php-curl php7.0-gd

E finalmente debemos de cambiar a confirguación do apache2.conf. Debemos de substituir AllowOverride None por AllowOverride All

root@debian:~:# nano /etc/apache2/apache2.conf

<Directory /var/www/>
        Options Indexes FollowSymLinks
#       AllowOverride None
        AllowOverride All
        Require all granted
</Directory>
Termo

Engadir un novo comentario