Exim4. Configurar sistema para envío de correos con Gmail.

atio

 

Pode ser de utilidade que o sistema nos avise de determinados acontecementos, por exemplo unha actualización automática. Tamén pode valer para que unha aplicación web que teñamos instalada nos lembre no correo electrónico o contrasinal esquecido, e como non para o envío de correos a través do terminal. Unha maneira de facelo é empregando o servidor de correo Exim4. Procedamos a configuralo:

su root

dpkg-reconfigure exim4-config
aceptar_exim4

Aceptamos

servidor

Eliximos a opción: O correo envíase por un servidor; recíbese por SMTP ou fetchmail. Aceptamos. Aceptamos novamente a nova fiestra informativa.

nome_servidor_correo

Engadimos calquera nome ao servidor de correo. Aceptamos a seguinte fiestra informativa.

ip

Mantemos a configuración da ip para as conexións smtp entrantes:  127.0.0.1; ::1. Na seguinte fiestra na que se nos pide Outros destinos para os que se acepta correo, deixamolo en branco, e na seguinte tamén o deixamos en branco cando nos pregunta polas Máquinas para as que se remite correo.

servidor de correo sainte

Configuramos o nome do servidor de correo saínte como: smtp.gmail.com::587

Obviamente, se empregamos outro servidor de correo saínte, deberemos de mudar a configuración, tanto no enderezo como no porto.

Na seguinte fiestra pregúntasenos se queremos agochar o nome de local no correo de saínda (no meu caso "fornella"). Eu elixo que non. Acepto a seguinte xanela informativa. Na seguinte fiestra pregúnta se debe de minimizar o número de consultas DNS. Elixo non sen ter moi claro a importancia da cuestión.

gardado_correo

No método de gardado do correo, escollo a opción Formato mbox en /var/mail. Aceptamos a seguinte ventana informativa. Seguidamente indícanos se debe de partir a configuración en ficheiros pequenos, contestei non. Tampouco teño moi claro a importancia de escoller unha ou outra opción. Ao aceptar reiniase o exim4.

Editamos o ficheiro /etc/exim4/passwd.client

mousepad /etc/exim4/passwd.client

Debemos de engadir as seguintes tres liñas, obviamente cambiando contadecorreo pola conta que queiras empregar e o seu respectivo contrasinal.

gmail-smtp.l.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
*.google.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal
smtp.gmail.com:contadecorreo@gmail.com:contrasinal

Reiniciamos o servizo:

service exim4 restart

Se queremos probar o seu funcionamento, podemos facelo coa seguinte instrución:

echo Proba desde Exim4 | mail martintecnoloxia@gmail.com -s "O servidor Exim4"

O Gmail avisaranos cun correo de alerta "Alguén ten o teu contrasinal", no caso que descoñeza a dispositivo desde o cal facemos o envío de correo, por iso debemos de revisar os dispositivos e tamén permitir o login desde sitios non seguros. Esto farémolo directamente desde un correo que nos envía:

revisqasifuneuprotexer

E recibimos as mensaxes:

recibido

Agora podemos configurar o sistema para que nos envío o correo interno á conta previamente definida. Para isto editamos o ficheiro:

nano /etc/aliases

E engadimos ou editamos a liña de root, sinalando a conta de correo.

aliases

 

 

Termo

Engadir un novo comentario