O Firefox 57, cun rendemento espectacular

atio

 

Quantum

 

1. Descargamos a última versión, o Firefox Quantum (57)

Coa instrución no terminal uname -a, podemos comprobar cal é a arquitectura do noso sistema operativo.

Para 32 bits: https://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/57.0/linux-i686/gl/firefox-57.0.tar.bz2

Para 64 bits: https://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/57.0/linux-x86_64/gl/firefox-57.0.tar.bz2

2. Descomprimimos o ficheiro:

Dirixímonos ao cartafol de Descargas no explorador de ficheiros e descomprimimos premendo o botón dereito do rato ou ben, descomprimimos coa seguinte instrución, desde o terminal.

tar xjf firefox-57.0.tar.bz2

3. Movemos a carpeta descomprimida firefox a /opt

sudo mv firefox /opt

4. Creamos unha ligazón simbólica ao anterior cartafol desde /usr/bin

sudo ln -s /opt/firefox/firefox /usr/bin/firefox

Se tecleamos firefox no terminal, debería de abrirse a derradeira versión no navegador.

5. Se queremos engadir un botón ao menú, podemos empregar a ferramenta menulibre. Para iso desde o terminal escribimos menulibre. Teremos que engadir a icona, e o comando (firefox)

Imaxe da icona: /opt/firefox/browser/icons/mozicon128.png

6. Reiniciamos o Firefox