Emocións

atio

 

Teño a fortuna de coñecer e manter unha amizade con dous magníficos escritores e investigadores do campo das emocións: Mario Tormo e Olivia Pérez. Con eles aprendo moitas cousas de emocións e a súas repercusións nas persoas e nos nenos, que me axudan no día a día na miña labor profesional e tamén na vida cotiá. Puxeron á venta o seu novo libro: "Emociones & Cambio. Alcanza tu mejor versión", que estou desexando que me chegue á casa para ler e reler.  Podes mercalo na páxina de Bubok

emociones_cambio

 

Este novo libro completa a miña librería do salón. Nesta teño outro libro que escribiron Mario e Olivia, o cal non me deixou igual despois da súa lectura: "Proyecto parental, gestación y sentido de vida". Sen dúbida un magnífico libro que recomendo a calquera persoa, pero especialmente a aqueles que desexen ten un fillo ou aquelas persoas que traballan a diario cos nenos. Mario e Olivia amósannos como podemos coñecer os programas que dirixen a nosa existencia, os cales conforman a nosa biografía oculta.

Para mercalo pódedelo facer na páxina de Bubok

libro2