Matriculación con ficheiro csv en Agueiro

atio

 

1. Descargar do Xade o informe AL956

2. Abrir con LibreOffice Calc, seleccionando:

Conxunto de caracteres: Europa occidental (Windows 1252/WinLatin 1) o Unicode (UTF-8). Comprobar que se ven tils e eñes.
Opcións de separador: Marcamos soamente Punto e coma
Delimitador de texto: "
Comprobamos na parte inferior da ventana que na mostra de datos aparece cada dato unha columna e que se ven correctamente as eñes e os tildes.

 

xade

 

3. Gardar o ficheiro en formato folla de cálculo (ods). Deste ficheiro só nos interesan os campos: APELIDO1, APELIDO2 e NOME. Eliminamos o resto das columnas.

4. Para matricular os rapaces en Agueiro, debemos de converter a actual base de datos, nunha cos seguintes campos:

 

folla

 

a. Creamos os campos novos (username, password, email, etc), na folla de cálculo que temos xa aberta e á dereita das columnas das que teñen datos

b. username. Debemos contatenar a columna nome, apelido1 e apelido2 por medio de puntos. Para iso empregaremos a seguinte fórmula, que substitúe os ñ por n, e elimina as tildes

=SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(SUBSTITUIR(MINÚSCULA(CONCATENAR(C2;".";A2;".";B2));" ";"");"ñ";"n");"á";"a");"é";"e");"í";"i");"ó";"o");"ú";"u")

c. Password. Engadimos unha password por defecto, que logo modificarán os nenos: 123456

d. O correo electrónico é a contatenación da columna username con @codigocentro.es. Para iso empregaremos a seguinte fórmula:

=CONCATENAR(D2;"@15026352.es")

e. firstname. É unha copia da columna C, polo que sinalamos a fórmula

=C2

f. lastname. É a concatenación do primeiro apelido e do segundo, pero neste caso sen o punto intermedio e sen substituir nin ñ nin tildes, pero deixando un espazo en branco entre os dous. Empregamos a seguinte fórmula

=CONCATENAR(A2;" ";B2)

Velaquí dispós dun ficheiro ods, coas fórmulas xa engadidas.

5. Completamos as columnas, arrastrando a cela polo cadradiño que aparece na marxe inferior e dereita da mesma.

6. Seleccionamos as columnas username, password, email, firstname, lastname. E copiámolas (ctrl+c). Creamos un novo ficheiro e seguidamente facemos un pegado especial, seleccionando as opcións por defecto:

 

pegado especial

 

7. Gardar como. En tipo de ficheiro, eliximos Texto CSV (.csv). Clic en gardar. Se o abrimos cun editor de ficheiro plano (mousepad, leafpad ou gedit, verémolo do seguinte xeito:

8. No cadro de características do ficheiro CSV, deixámolo do seguinte xeito:

 

gardarcomo

 

Unha vez gardado, se o abrimos cun editor de texto plano (gedit, mousepad, leafpad,etc. ) visualizarémolo do seguinte xeito:

 

ficheiroscsv

 

9. Diriximonos a Agueiro e matriculamos os rapaces co ficheiro anterior desde a área de administración.

Termo

Engadir un novo comentario