Ocultar unha partición en Linux

 

hdd

 

En moitas ocasións non nos resulta de interese que aparezan algunhas particións na conta dun usuario. Por exemplo, se temos configurado un arranque dual, pode que non nos interese que desde o noso Linux se poidan abrir as carpetas de windows. Tamén, en ocasións o usuario con privilexios de root quere dispoñer dunha partición para copias de seguridade, pero que non poida acceder un usuario.

su root

cd /etc/udev/rules.d/

creamos o ficheiro 10-local.rules, no caso de que non exista.

touch 10-local.rules

Editamos o ficheiro e engadimos a partición que queiramos ocultar. Neste exemplo vou ocultar a sdb2

nano 10-local.rules

KERNEL=="sdb2", ENV{UDISKS_IGNORE}="1"

Reiniciamos. A partir deste momento un usuario sen dereitos de root non poderá nin ver nin acceder a dita partición.