Bloq num activo por defecto en XFCE

O primeiro que debemos facer é instalar

apt-get install numlockx

Seguidamente creamos un ficheiro chamado numlockx.desktop co seguinte contido:

[Desktop Entry]
Version=1.0
Type=Application
Name=numbloqx
Comment=
Exec=numlockx
Icon=
Path=
Terminal=false
StartupNotify=false

Gardámolo na seguinte ruta: /etc/xdg/autostart/numbloqx.desktop

Reiniciamos e xa teremos o teclado numérico bloqueado por defecto