Instalar Firefox 55 nunha distribución con escritorio XFCE

Coa última versión de Firefox (v.55) obtemos unha mellora  moi importante no seu rendemento. Emprega varios núcleos do procesador de maneira simultánea, o que lle permite facer varios traballos en paralelo. O primeiro que debemos de facer é desinstalar a versión Firefox, que no meu caso é a Firefox-ESR. Podemos facelo co terminal, ou ben, e de maneira máis sinxela, co synaptic.

 

firefox55

 

1. Descargamos a última versión

Coa instrución no terminal uname -a, podemos comprobar cal é a arquitectura do noso sistema operativo.

Para 32 bits: https://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/55.0/linux-i686/gl/firefox-55.0.tar.bz2

Para 64 bits: https://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/55.0/linux-x86_64/gl/firefox-55.0.tar.bz2

2. Descomprimimos o ficheiro:

Dirixímonos ao cartafol de Descargas no explorador de ficheiros e descomprimimos premendo o botón dereito do rato ou ben, descomprimimos coa seguinte instrución:

tar xjf firefox-54.0.tar.bz2

3. Movemos a carpeta descomprimida firefox a /opt

sudo mv firefox /opt

4. Creamos unha ligazón simbólica ao anterior cartafol desde /usr/bin

sudo ln -s /opt/firefox/firefox /usr/bin/firefox

Se tecleamos firefox no terminal, debería de abrirse a derradeira versión no navegador.

5. Modificamos o menú para agregar o novo software. Eu prefiro empregar para esta tarefa un software moi sinxeliño que se chama alacarte

sudo apt-get install alacarte

 

alacarte

 

6. Abrimos o programa indo a Menú de Aplicativos>Configuración>Menú Prinicipal. Engadimos un novo elemento ao apartado Internet

 

alacarte-firefox

 

A icona escollémola do cartafol /opt/firefox/browser/icons/mozicon128.png

En Name, Firefox

E en Command: firefox