Mudar o lanzador de aplicacións do XFCE a Whisker Menu

atio

 

Whisker Menú é un lanzador de aplicacións alternativo ao que trae por defecto o XFCE. Paréceme máis vistoso e quizais un pouco máis cómodo, pois mantén un listad das aplicacións que xa empregamos, un apartado de favoritos, para engadir as aplicacións que queiramos, buscador de aplicacións, e unha maneira de engadir os lanzadores de maneira sinxela a calquera panel ou escritorio.

wisker

Para instalalo na familia Debian, Fedora ou OpenSUSE podemos seguir as instrucións da seguinte páxina

Para engadilo á barra de menús, editamos co botón dereito na barra de tareas e clic en panel/preferencias do panel. Na lapela Elementos, retiramos o actual lanzador e engadimos (pulsando en +) o Whisker Menu

Na icona de Whisker menu podemos configurar a visualización. No meu caso deixeino do seguinte xeito:

preferencias wisker

 

Termo

Engadir un novo comentario