Plank no escritorio XFCE e cambio de estética

atio

 

 

barra

 

Hai usuarios que lles gusta dispoñer da barra de iconas Plank, xa que lles parece práctico. Con ela acadamos certo parecido estético cos equipos Mac. Velaquí está o procedemento para instalar esta barra en Debian Jessie con escritorio XFCE.

Descargamos a última versión do software Plank, que podemos atopar no seguinte enderezo: https://launchpad.net/plank

wget https://launchpad.net/plank/1.0/0.11.4/+download/plank-0.11.4.tar.xz

Descomprimimos:

tar -Jxf plank-0.11.4.tar.xz

Instalamos as seguintes utilidades:

sudo apt-get install automake gnome-common intltool pkg-config valac libbamf3-dev libdbusmenu-gtk3-dev libgdk-pixbuf2.0-dev libgee-dev libglib2.0-dev libgtk-3-dev libwnck-3-dev libx11-dev libgee-0.8-dev

Compilamos e instalamos

cd plank-0.11.4

./configure

make

make install

cd ..

Actualizamos librerías:

sudo ldconfig

Seguidamente cargamos o programa plank no inicio do usuario. Para iso abrimos o xestor de configuración e pinchamos en "Sesión e inicio". E dentro del en "Inicio automático de aplicacións".  Engadimos unha nova tarefa que chame a /usr/local/bin/plank

 

inicio

 

Reiniciamos e comprobamos que aparece o Plank.

Instalamos o osXFCE para obter maior parecido aos sistemas de Mac:

apt-get install git

git clone https://github.com/imccausl/osXFCE.git

cp -r osXFCE /usr/share/themes/osXFCE

cp -r osXFCE/plank/flatabOSX-Theme  /home/usuario/.local/share/plank/themes/

Tamén descargamos as iconas de deseño Mato:

git clone https://github.com/flipflop97/Mato.git

cd Mato

./install.sh

Asignamos o novo tema. Para iso imos a Menú de aplicativos > Configuración > Apariencia e escollemos en Estilo: osXFCE e en iconas "Mato".

 

estilo

 

Coa combinación de ctrl + botón dereito do rato na barra plank e no apartado Tema, podemos escoller do "flatabOSX-Theme", aínda que para min, o que máis me gusta é o transparente.