Grabar unha imaxe iso nun lapis USB con dúas instrucións

atio

 

Nalgunha ocasión  baixamos unha imaxe dunha distribución linux e queremos crear con ela un lápis USB para proceder a instalala distribución no disco duro. Procedemos en ocasións a facelo co UnetBootin e levarnos a sorpresa que o equipo non arranca desde esa unidade. Velaquí temos unha método para a creación dun lápis sen necesidade de empregar ningún software específico:

Escalamos os dereitos a root: su root  (e engadimos o contrasinal)

1. Formateamos o lápis usb en formato fat32. Debemos de inserilo no porto correspondente e montalo, pero non pode estar en uso. Poderíamos empregar o gparted para esta tarefa (no terminal escribiríase gparted).

mkfs.vfat -I /dev/sdb

sdb é a unidade na cal se atopa o usb. Para comprobar cal é a unidade podemos empregar a seguinte instrución: fdisk -l . Tamén coa instrución gparted. Non fai falta dicir que se equivocas de unidade perderás toda a información dese disco.

2. Volcamos os datos ao lápis: cat imagen.iso > /dev/sdb; sync

En resumo, dúas instrucións:

mkfs.vfat -I /dev/sdb

cat imagen.iso > /dev/sdb; sync