Recuperar o grub de xeito manual

grup> ls

amósanse as particións dispoñibles: (hd0) (hd0, msdos2) (hd0, msdos1)

Se facemos (hd0, msdos1), xa nos indica que é a extx...é dicir, a partición na que se atopa a distribución

Teclaando ls (hd0, msdos1)/ aparecen as carpetas de linux

a. Engadimos o prefixo:

set prefix=(hd0,msdos1)/boot/grub

b. insmod (hd0,msdos1)/boot/grub/i386-pc/linux.mod

c. configuramos a partición root

set root=(hd0,msdos1)

d. Cargamos a imaxe do kernel

linux /boot/vmlinux-3.16.0-4-686-pae root=/dev/sda1

e. Cargamos o kernel

initrd /initrd.img

f. inicia

boot

ARRANCA. PERO OLLO, TEMOS QUE AMAÑAR O GRUB, QUE ESTÁ SEN CONFIGURAR

a. borramos o actual grub, facendo unha copia de seguridade

sudo mv /boot/grub /boot/grub_backup

b. Creamos de novo a carpeta grub

sudo mkdir /boot/grub

c. Borramos as seguintes cousas:

apt-get --purge remove grub-legacy grub-common

d. instalamos grub-pc

apt-get install grub-pc   (contestamos a todo que si)

e. actualizamos o grub

update-grub

f. instalamos o grub no disco

grub-install /dev/sda

REINICIAMOS